martes, 17 de febrero de 2009

E para xeneralizar...Lugo


Vexo nun xornal ao meu amigo Antonio Fraga que anda implementado solucións de xeolocalización mediante ferramentas que recrean tridimensionalmente distintos territorios.
Unha das bisbarras nas que se aplican estas novas xeo-tecnoloxías é na Mariña lucense (situada ao carón da costa cantábrica e chamada así por pertencer á provincia do mesmo nome, xa veremos que isto non é tan obvio como parece)e onde se presenta un proxecto de voo virtual.

A virtualidade é un adxectivo que lle acae perfectamente á referencia lucense na omnisciencia galega.
Os habitantes do lucensismo (maléfico) experimentan incomprensíbeis problemas de identificación cando comezan a convivir con outros galegos por motivos académicos (laborais hai menos desprazamentos) en cidades como Coruña, Santiago ou Vigo.
Cando os nosos coñecidos pretenden “xeolocalizar” a nosa procedencia, un fenómeno teimosamente xeneralizador fai o seu efecto.
É moi sinxelo, xa veredes…Cando unha rapaza de Foz, Mondoñedo ou Viveiro coñece a un mozo de Carnota, Vilanova ou Padrón e intercambian vivencias, a rica é variada toponimia deste lado do país queda subsumida nun invariable tag que aforra moitos megas de inútil información: Lugo.
Da igual a tipoloxía do noso interlocutor, nosoutros “somos de Lugo” e eles da súa vila, aldea ou lugar. Se pasaron pola cidade amurallada acordaranse de ti, aínda que vivas nun pobo cantábrico, nunca aldea da Terra Chá o nunha casa nos Ancares. Dáslle auto completar e sae Lugo, así para abreviar e homoxeneizar. Lugo e o seu contorno apenas resisten a espesura da ignorancia á diversidade. Esta provincia “interior” é a máis extensa e probablemente a máis heteroxénea atendendo a datos físicos pero iso non paga a pena para unha Galicia mainstream que se aferra a un reducionismo bravo e hipermétrope.
Conversa 1
Que tal por Lugo esta fin de semana?
Bah! Pouca cousa… e ti por Coruña?
Por Coruña…neno, andas parvo, ben sabes que son de Corcubión…
E eu de Ribadeo a 90 Km da capital.
Pero é de Lugo non?
E ti de Coruña, si?
Non sei porque vos “parece mal” Tendes pique cos de Lugo?
E Dálle…para que esforzarse mais.
Nun programa da TVG do venres anuncian a competición de baile de dúas parellas novas, unha de Meaño e outra de Lugo. Así son presentadas por un veterano presentador que a pesar de que os rapaces últimos son de Barreiros (A Mariña lucense) sabe que con Lugo nunca se equivoca: Lugo é un atallo perfecto que non precisa concreción

Conversa 2
Falo cunha empresaria da Estrada e despois de darlle abondosos datos para que traia ata aquí o navegador, coméntame polo móbil que Lugo é fermoso.
Que Lugo?- pregunto curioso.
Pois por exemplo o Cebreiro-chúfame sen rubor-“tedes” unhas paisaxes preciosas.
Temos?...non me imaxino espetándolle a un tudense: Tedes unha provincia que non merecedes! Chupiguai.

Lugo non existe, proclamo, vamos, como provincia natural. Existe esa delimitación que promoveu o liberalismo centralista no 1833, tan artificioso como pode ser un estado rectilíneo en África ou América. Pero á marxe da das accións ou inaccións das deputacións e o nicho do mercado informativo con que o xornal El Progreso buscou a súa supervivencia fronte a competencias , non hai ningún vencello, sentimento conexión que un rapaz de A Mariña (lucense) compatibilice con outro da Terra Cha, do Val do Lemos ou de Chantada. Non hai sitios comúns de saída, non coincides no instituto, non vas ás mesmas festas, non acostumas a ter amigos doutras comarcas pero si é moi probable que coñezas algún deles en Santiago ou Coruña.
Preto de dous séculos de provincialismo non creou unha ligazón distinta e cohesionada que non sirva ágas de espigón electoral.
Non sei porque xa se esqueceu o debate da abolición de provincias e a súa sustitución por unha estrutura forte de bisbarras que si son entidades naturais e de dinamización máis eficaz e funcional.
Mentres seguimos sendo de Lugo neste complexo e extensísimo impaís que é a Galicia siberiana e rimos dos desatinos xeográficos que os alleos perpetran.
Nosoutros non nos equivocamos. É imposible con catro letras.

lunes, 2 de febrero de 2009

Rocknrolla, o pack completo é demasiado


Creo que deglutir demasiadas críticas provoca a dixestión gaseosa e revoltosa de calquera consumo cultural que un individuo medio debe ponderar. Vas ao cine e regurxitas para tua intimidade...hum...produto banal...argumento inconsistente...dirección inexistente...non digamos se alguen che pregunta a opinión en público, veste na obriga de pontificar e "epatar" a partes iguais. A critica se democratiza e dispersa pero curiosamente sigue camiños máis estandarizados do que seria desexábel.
Vou ver Rocknrolla e etiqueto: Guy Ritchie, un Tarantino british, violencia, humor, puzzles narrativos...extraigo: boa música, primeira hora espesa e lenta como fog londinense, último tramo trepidante e áxil (outros poñen estética videoclipera, montaxe áxil, os sinónimos son importantes, dame un sinónimo e farei xornalismo!)pecho admiración: que bon o cabrón de Lenny! non somos mafiosos! -di no texto- cando quere dicir-non somos americanos-inventamos o fodido teatro..chúpate esa Tarantino
Pero o estilo costa e aqui é onde vades empezar a pagar, polo menos o espectador esixente acostumado a ler a críticos e popes en xeral. Conclúo: esta cinta é un deja vu/deja parodique que haberia que tomar con sentido do humor...falta historia e non hai nos bos tracks suficiente alka-seltzer que o compense. Falta historia, falta humanidade, falta Dickens como diria o de días estraños...e eso é un grave pecado sobre todo nesta illa. Non basta con importar o selo se te quedas co peor e prescindes do estilo propio e sobre todo da historia(eerhg! repíteme o da historia).
Coincido cos malditos críticos 2.0 en case todo e vomito unha frustración de cinco euros cando realmente foi unha tarde pasable de non ser polos flocos resesos. A miña obsesión por analizar e categorizar convirte este par de horas nunha decepción.

posit
Thandie Newton se dosifica en preguizoso e elegante voguing para inventar unha Audrey Hepburn perversa, fríxida(mentira), e icónicamente comestible(verdade)...casi na...destas english rose non tedes en California...e só por eso, Guy, só por eso, te salvas.

Archivo del blog