tag:blogger.com,1999:blog-6442329684040071652024-03-13T20:22:36.952-07:00Roi BuliganDesexo de TormentasRoi Buliganhttp://www.blogger.com/profile/18088028879307080720noreply@blogger.comBlogger84125tag:blogger.com,1999:blog-644232968404007165.post-52063165179293329962017-03-07T10:01:00.002-08:002017-03-07T10:18:48.739-08:00SicixiaVer Sicixia deixa unha sensación tonificante, fresca e inmersiva no sensorial porque ese percorrido da Costa da Morte e toda esa recompilación de secuencias da bisbarra supón unha experiencia hedonista como a que desemboca na atracción da parella protagonista.
O mapa sonoro, as vistas panoramícas sobre o mar e os cantís, o marisco a troula, o viño, as cantigas,o sexo prohibido... Pero é esa vertente de ton documental, perfectamente enfiado co micrófono que iza Monti Castiñeiras para a gravación de voces e sons, a que se solapa con dificultade á trama principal dun xeito que se esgaza levemente en dous traballos e non nun produto cohesionado e unificado.
O propio cartaz da película avisa dese binomio creativo co lema "paseo polo amor e a costa da morte" que é tanto como dicir paseo pola ficción e o documental nunha mestura na que a soldadura non é tan perfecta como quixeramos imaxinar.
Na parella protagonista na que o amor atopa unha quimica óptima e na que Marta Lado vai gañando dramatismo según avanza a cinta, sorprendéndose intensa nunha interpretación resolta e apoiada na habitual solvencia de Monti Castiñeiras, dono dun personaxe moito máis contido.
SPOILER A peli termina nun tráxico e abrupto final coroado por unha epifania submarina de algas da que recoñézome incapaz de interpretar o seu sentido metafórico...a non ser que se deduza a morte de Olalla
Por outro lado este filme e toda a obra de Ignacio Vilar son un referente no audiovisual galego, tan anémico no formato de longametraxes como para obviar esta valente aposta pola lingua e a cultura galega. Por cine adulto, maduro, de autor, sen concesións ás cuotas ou o oportunismos subvencionables, merece un xusto recoñecemento como resposta á traballada promoción e exhibición desta película da productora Vía Lactea.Roi Buliganhttp://www.blogger.com/profile/18088028879307080720noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-644232968404007165.post-10446051434918620742015-02-05T08:24:00.001-08:002015-02-05T11:13:58.364-08:00Presentación literaria (Medre o mar...medreee!Xurxo Souto sempre é unha garantía de pasalo ben nun evento cultural. Contou moitas anécdotas presentes no libro "Contos da Mar de Irlanda" tamén outras historias e cancións, reivindicando a Galicia mariñeira que ninguén nos aprendera na escola. Pero é que Xosé Iglesias que viña despois, foi unha gratísima sorpresa co seu Transfusión Oceánica, un patrón de pesca no Gran Sol que combatía as duras mareas con versos delicados e simbólicos cheos de pura beleza salgada. Foi na Libraria Portada Vila en Viveiro, un húmido sábado de xaneiro.
MOV 0088 from susorubio on Vimeo.Roi Buliganhttp://www.blogger.com/profile/18088028879307080720noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-644232968404007165.post-23256950657891592592014-04-14T10:35:00.001-07:002014-04-14T10:35:45.860-07:00Papel, cor pel...e 3
Art Spiegelman retou a Paul Karasik nos anos 80: Debúxame este stream of consciousness...esta irrealidade tan simbólica. Tiña o debuxante ese raro talento para dar unha solución gráfica para misións imposibles como os textos tan pouco narrativos de Faulkner. Así a amizade con Paul Auster fai que a novela deste último, City of Glass (que tamén tiña moito ruido e moita furia), desembocara nesta BD, neste exercicio de visualización tan leal a novela do nova-iorquino. Así apareceu o home, espido, maquetizado diríase, case prometeico na procura do lume, da sabiduría e da lingua de Deus perdida no Torre de Babel. Cando Auster se busca a se mesmo en diferentes capas de realidade, na folla a cadriños, emerxe o home, un home mínimo pero dinámico, diciamos un home sen roupa pero co seu peito, brazos, pernas e o seu discreto pene. Posiblemente non será unha útil referencia para erotizar a homes e mulleres, pero ese home minimalista é un recurso narrativo trascendental e a xustificación da historia principal nesta cidade de cristal.
La vida de Adèle é unha coñecida e polémica película baseada nun cómic chamado Azul é unha cor cálida de Julie Maroh. O trasvase á pantalla tivo un certo rebumbio por:
1) A relación do director coas actrices principais
2) as escenas de sexo entre as protagonistas
e 3) a critica dende o mundo lésbico por falta de naturalidade das escenas devanditas incluida a da propia Julie.
A min falando da obra orixinal, pareceume un cómic moi fermoso na secuencia, na composición, no enfoque selectivo das protagonistas, no recurso cromático empregado na narrativa, que vai gañando puntos ao pasar as páxinas. É unha historia de amor, bonita e dramática con un toque de inxenuidade e candor en Clementine, a moza máis nova que progresa polas páxinas, dubidando con prexuizos e incredulidade ante a súa propia identidade.O meu cadriño favorito? o último, condensando moito sentimento nesa mirada "púbica"
Ardalén non podía faltar nesta selección, non polo presenza circunstancial que Miguelanxo Prado fai dos espidos, senón porque como obra fundacional da cultura galega é un imprescindible que abordar en moitos eidos. Fidel, o velliño soñador e desmemoriado viviu parte da súa infancia cunha sobria e eficaz tía que xerenciaba unha Casa de Putas na cidade, non sei se era Pontevedra ou Vigo, excusen. As prostitutas compoñen un colorido fresco do burdel previo a guerra civil, unhas mozas sorrintes perfectamente modeladas para ambientar esa lascivia tan formal e hipócrita entre cabaleiros clientes. Creo que a recreación está moi ben documentada, a roupa íntimas das mozas, as súas actitudes despreocupadas tocando o piano ou bebendo champagne, os seus xenerosos peitos...Todo crea unha atmosfera perfectamente contrastada coa inocencia do neno empeñado en buscar aventuras a través dos atlás á marxe de calquera realidade.
Estou por facer un capítulo cuarto.
info ao pasar o rato sobre a imaxe
...e seguimos coa celebrada entrada de espid@s en cadriños. Póñanse de pé que aqui ven o mestre do cómic erótico, un dos mellores debuxantes do corpo da muller (e excepcionalmente tamén do varón)
Si, adiviñarono, ansioso público: Milo Manara. O italiano tan un talento especial para representar mulleres fermosas, cunha liña limpa, sinxela e a vez sofisticada, propoñendo en cada viñeta un toque de luz e volume segundo as necesidades. O equilibrio das formas, ese auténtico canon Manara, onde modela un arquetipo de muller que parece un desexo perfecto e sensual. As poses sempre mesturan armonía, feminidade en calquera momento da acción da historia, da igual porque o trazado sempre debuxa unha elegancia intemporal. Pode que Manara falle máis no guión, capítulo que non abordamos aqui pero resolve con acerto cando ten un sustrato bon no que ilustrar o seu preciosista debuxo.
info ao pasar o punteiro sob a imaxe
Pasamos a un autor moi distinto, Jean Pierre Autheman, francés, un autor da BD franco-belga da que coñezo especialmente a serie Condor, traducida ao galego. Un capitán marsellés, que estivo enrolado na Marina, creo lembrar...aínda que sempre se ve arrastrado sin querer a aventuras de espias, traficantes, drogas e moitas máis leas. Autheman elebora uns guións moi coidados que digamos que son historias adultas dirixidas a un público mozo. Hai un pouquiño de sexo, violencia e crime sempre empaquetado en un suave celofán moi colorista. O seu estilo é máis simple, máis minimalista e moi agradable de ver. Os espidos de mulleres digamos que son froitos de clichés recurrentes, mozas desinhibidas, neumáticas como diria Huxley que non posuén o erotismo de Manara pero que che son ben xeitosas. e cubren o seu papel neste BD noire perfectamente.
info on mouse over on a image
Si a muller espida non chama moito a atención en Autheman pola decoración da serie Condor, fixádevos o impacto que debeu ter na xerazón de púberes holandeses que puideron ler entre sabas a serie de Franka, obra de Henk Kuijpers alá polos anos 70-80. Unha heroina pelirroxa que parte dende Amsterdam a aventuras sofisticadas e trepidantes por todo o mundo. Kuijpers é membro da liña clara, ao modo que fai Tintín, recreacións moi detallistas e realistas en paisaxes, cidades, monumentos e un debuxo máis simple e dinámico nas personaxes. Pero volvendo ao lúbrico da idea, neste tipo de historias que poden ir dirixidos a un público infanto-xuvenil, (xa non falamos de Cóndor que xa tería dous rombos), imaxinade o que era atopar as liñas sensuais mesmo agochadamente eróticas que tiña a nosa heroína...buff ! tivo que ser excitante para esa audiencia menos avisada do potencial de Franka.
Pois ata a luxuriosa e última entrada dedicada ao nudismo BD...Roi Buliganhttp://www.blogger.com/profile/18088028879307080720noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-644232968404007165.post-34805141272420941832014-02-04T17:49:00.002-08:002014-02-05T10:44:11.239-08:00Papel cor Pel 1A influencia das sucesivas cicloxenitais explosivas baixan a maré da miña brava líbido polo que pensei facer unha entrada reivindicando o erotismo da 9ª Arte. Si señores: mozas espidas como expresión intensa da beleza e sexualidade das historias que se fragmentan en mil cadriños de papel.
O cómic para o público adulto (non confundir con produtos como Comix) é xeneroso en exhibir o corpo, sobre todo feminino como vehiculo para reflectir intres de lecer acompañadas as máis das veces por partenaires galantes e amantes sobre camas o outros lugares de paixón.
Case sempre son mozas ben feitas, corpos desexables onde o debuxante fai alarde da súa boa técnica imprimindo harmonía de formas, curvas e detalles.
Por último as fermosas protagonistas das BD elixidas acostuman ser novas, brancas, de peitos bonitos e longas pernas, conformando esa tipoloxia estándar na novela gráfica. En canto ao rol aqui pódese atopar máis variedade, ás veces a muller leva a iniciativa, outras o home ou acaso a paixón é simultánea e coordinada.
Arrincamos con produto español, a estupenda debuxante Ana Miralles que fixo un traballo espléndido co guión de Dufaux para a serie Djinn
Esta historia tiña que ter espidos si ou si, xa que o erotismo atravesa da capa á contracapa. A protagonista é a favorita do Sultán, Jade que usa os seus encantos e intelixencia para conseguir o que quere. Nun escenario exótico, nos límites do Imperio Otomano, nunha época de intrigas, espionaxe e ambiente prebélico desenvólvese unha historia seductora e imprevisible que viaxa no tempo e no mundo na estela dese xenio malévolo e fascinante, o Djinn.
Miralles fai uns debuxos preciosos do corpo da muller, cun rexistro de miradas que é perturbadora e moi expresiva para identificar cada personalidade, coas liñas suficientes, non é unha autora que abuse de detalles pero cun dominio maxistral da luz e da sombra para dar os volúmenes precisos ao tipo femenino e deixarnos coa boca aberta. O seu estilo é perfecto para ilustrar as belezas que se agochan tras as paredes do harén ou para contrastar as formas de mulleres de distintas razas nesta historia tan suxerente que recomendo pero xa!!!
Agora poñemonos románticos como na novela gráfica El Vuelo del Cuervo do francés Gibrat, unha historia ambientada na II Guerra Mundial, no delicioso Paris, unha moza valente xogándose o pescozo pola Resistencia, polas rúas e os tellados esvaradizos da Cidade da Luz. Poñede unha boina vermella e unhas luvas brancas e teremos o arquetipo de rapaza chic e soñadora capaz de namorar a un rapaz lacazán e pillabán pero de bo corazón. Ben, temos todos os ingredentes tópicos pero é que ademais Gibrat é un talento na composición de fermosos cadros que reflicten con detalle os diferentes escenarios urbanos. Tamén no dinamismo das personaxes, case síntese o aletear da saia de Jeane ao ritmo das belísimas pernas e poses da figura protagonista.
Gibrat é un namorado da beleza dunha muller feminina e encantadora e nótase, síntese, no trazo, na expresión... Normalmente non imaxinariamos nesta historia suave e doce este desnudo tan natural e elegante, un pouco da vella escola pero tan contemporáneo como debeu ser ese Paris dos anos 40 para os que foron os seus protagonistas. Pero ahi está.
Rematamos a primeira entrega cunha serie que sempre me fascinou, teño que recoñecelo, máis ben polo extraordinario guión de Patrick Cothias aínda que hai que asumir a perfección con que André Juillard serve á esta novela histórica que é Las 7 vidas del Gavilán. Juillard perfila descarnado, crú e de xeito vívido cada personaxe desta BD imprescindible. Bondade, xustiza, maldade, baixeza, lealdade...cada carácter está cosido á pel nos rostros con que Juillard nos somerxe no drama desta obra emocionándonos e violentándonos a partes iguais.
Aqui unha gráfica que se sae da norma exposta na introdución: unha parella entrada en anos, enrrugas e carnes, unha lealdade e pracer confiado pola criada ao Señor. Saímos das beiras más habituais do erotismo e agradécese nesta escena de inevitable tenrura e sensualidade.
En breve máis entregas, mañá ou pasado que esto non é Twitter, é un blog, lembrades? que se actualiza cada semestre?
Roi Buliganhttp://www.blogger.com/profile/18088028879307080720noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-644232968404007165.post-59282986078113015342013-11-05T11:06:00.000-08:002013-11-05T11:09:26.604-08:00La Doppia OraRitorrnamos ao blogue que ao pasar de moda é moi hipster volver ata que as redes sociais pasen de moda...pode suceder eso?
As formas de reinterpretar esa arte da repetición que é a cultura, teñen tecidos moi distintos en cada caso que validan ou non a distinción, a orixinalidade, a especialidade fronte o cliché, o refritido, o común, a vulgaridade...
La Doppia Ora, un filme italiano de intriga, suspense (ou o que vostedes queiran porque parece transitar nas fronteiras de varios xéneros), plantexa como de xeito aparentemente fortuito, dúas persoas solitarias, unha camareira de hotel e un vixiante de seguridade, ex-policia, atopanse nunha velada de citas rápidas e empezan a sair xuntos.
A excusa argumental ven inserida no título: unha hora dobre na que podes pedir un desexo. Aqui o argumento pega un xiro sobrenatural sobre unha trama que asoma de xeito realista e ritmo pausado.
Curiosamente o macguffin máxico é sabia e progresivamente exposto se caer na tentación do efectismo e provocando no espectador unha escéptica dúbida sobre os acontecementos estraños que a protagonista femenina padece.
Esta, unha soberbia Ksenia Rappoport, gañadora da Copa Volpi á mellor interpretación femenina, é unha muller, aparentemente (adverbio que non "spoileriza"), enigmática, triste, solitaria, sumida nunha rutina ensoñadora onde o futuro non semella ter percorrido.
O Vixiante, Filippo Timi, parece atopar por fin en Sonia, a muller no que encher o baleiro emocional da súa viuvez. Cando mira o reloxo, A doppia Ora, cúmprese o seu desexo. Pero hai unha seconda doppia ora, e esta vez é a oportunidade de Sonia.
A solución ao misterio é resolto cun guión estupendamente ben armado no que non chirria esa previa atmósfera de pesadelo. O final é incerto e non previsible, mesmo pode ter máis dunha observación non tan obvia.
Sempre é refrescante atopar historias que non asumen os estereotipos tan mallados do xénero e que demostran que o cine europeo, neste caso o italiano, é máis brillante cando adopta unha cultura propia e non imitativa da escola hollywoodense.
A película dirixida polo debutante realizador de videoclips, Giuseppe Capotondi, foi nominada ao León de Ouro no Festival de Venecia de 2009.Roi Buliganhttp://www.blogger.com/profile/18088028879307080720noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-644232968404007165.post-9204200997827940072013-02-20T15:02:00.000-08:002013-03-18T03:34:12.804-07:00Telemétrica, outra visión A mellor compra que fixen no pasado 2012 foi unha cámara telemétrica marca Yashica Electro GSN a través de Ebay. Quería algo diferente ás dúas réflex que tiña, unha dixital e analóxica (Canon Eos 20D e Canon Eos 300 respectivamente). Sempre oira con mestura de feitizo e envexa, a experiencia de fotografíar cunha telemétrica, obxectivos de calidade, moi luminosos, sistemas de preciso enfoque, nula trepidación, discretas...Por suposto non era factible unha aproximación ao formato da man do elitismo Leica ou nun segundo chanzo de exclusividade Zeiss Ikon ZM ou a fermosa Konica Hexar RF. Tampouco me atrevía a experimentos como a Contax G2 que dependian máis de sistemas electrónicas ou no polo oposto Voigtlander Vito, auténticas xoias que tiña medo do seu estado despois de tantos anos. Por outro lado o meu presuposto non me permitía tolerías cun sistema descoñecido para min e menos tendo en conta que falamos de fotografía de película, un mundo en implacable decadencia.
As opcións máis económicas xiraban arredor dunha Canonet (demasiada fartura e fidelidade a unha marca) Olympus 35 RD, Yashica (opción elixida), Zorkis e demais soviets e mesmo a famosa "Leica-Texas" unha RF descomunal que funciona co formato 6x9 e produce negativos que equivalen aos naipes da baralla.
Yashica Electro 35 GSN
Se te equivocas, que sexa con pouca pérdida, lembremos os casos dunha lupa como alargador de pene e un ladrillo como Iphone no inmenso zoco que é Ebay.
Pero aínda queda xente boa en internet! vin unha Yashica Electro GSN que se subastaba por un tipo alemán en Colonia (os alemáns parecen fiables, non? as fotografías do produto, grandes, nidias, luminosas...non diferían moito do que debeu ser esa cámara en calquer escaparate a principios dos 70, perfecta, nin unha raia no corpo metálico, unha lente limpa, a funda como se fora desabrochada un par de veces a modo de comprobación. Nin unha nimia raia no brillante corpo metálico nun unha rozadura nas partes recubertas con vinilo, a lente, limpa, clara sen marcas nin por suposto fungos, o visor na mesma tónica, os mandos suaves e de inmediata resposta, diales, disparador, anel de enfoque...Unha auténtica xoia estética moi de moda pola onda retro que impera no deseño das cámaras dixitais EVIL ou telemétricas. A gran pregunta é: tiña a un prezo razoáble un fermoso aparello decorativo dos 70 pero sen ningunha funcionalidade? Home...un honrado e probo cidadán alemán vendendo un confiable produto da enxeñería e tecnoloxía nipona. Non me sexan desconfiados. Pero comprendo a incerteza nesta época de obsolescencias programadas (paranoides ou non) e nun mundo que só pensa en refugar e renovar. Na imaxen comproben o que a cámara, a vella e popular no seu tempo point and shot pode rendir no ano 2012-ata que a pila de mercurio (contaminante, eso si, aguante). (1)
O comportamento impecable, robusta, pesada, (3/4 de kg, factor negativo), ergonomía, simplicidade, o silencioso diafragma, a veces pensas en que non disparaches realmente a instántanea, acostumado ao ka-ta-klac da réflex son algunha das características desta camera eficaz que ten un rendemento especialmente brillante nos interiores e nos ambientes oscuros co seu Yashinon 45 mm 1.7. Unha auténtica xoia na que hai que afacerse a pantalla de enfoque do telemetro que crea imaxe dobre nunha mancha dourada que hai encaixar sobre o perfil do obxecto a enfocar pero que despois reportar moitas satisfaccións impresas en 35 mm.
PD Entereime de que poden ser sustituidas por un orixinal adaptador.
Roi Buliganhttp://www.blogger.com/profile/18088028879307080720noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-644232968404007165.post-7679502494228475742012-11-19T09:31:00.000-08:002012-11-19T17:16:33.155-08:00Michiña, O feitizo dunha estrelaQuedo con ela no vestíbulo do hotel onde se aloxa e véxoa chegar distraída pero sen abandoar o seu andar felino, marca da casa. Sen maquillaxe, roupa cómoda e xuvenil, costa recoñecer a escintilante estrela, ídolo de masas nas pantallas e na música ademais de icona da moda.
Pide un vaso de leite, "nada glamoroso"-di- e lémbrame os seus gostos sinxelos: non facer nada no seu tempo de lecer, "un arte perdido"-rí irónica-"A xente xa non sabe desconectar". Encántalle tomar o sol, adormecida, cando non está nos platós de rodaxe ou no estudo de gravación.
Parece unha moza normal, divertida e bule-bule máis que unha diva xuvenil que un espera atopar.
Cóntame, mentres pasa a lingua sobre o gracioso bigode lácteo, que segue facendo a mesma vida que cando era anónima: volve ao vello barrio, a ruar na calella de xogos infantís para falar coa rapazada e poñerse ao día.
Orienta as orellas en dirección aos altofalantes cando empeza a soar Meaow, o primeiro single do seu disco de debut que está no top 10 dos máis ouvidos en internet e ollame cunha mestura de rubor e sorpresa.
"Cantei dende pequeniña e os veciños sempre ficaban engaiolados ante os agudos que saían desa cousa tan pequeniña-aclara entre gargalladas-"Foi un proceso natural, sempre quixen gravar un disco e chegou a oportunidade no momento perfecto".
Despois da súa aclamada interpretación na adaptación ao cine de "La chatte" baseada na obra de Colette, busca un cambio de rexistro, un traballo para todos os públicos. Devezo esta profesión porque permíteme ser moitas persoas distintas nun espazo temporal moi pequeno, adoito interiorizar cada personaxe ata perder gran parte da miña propia identidade, ¡é algo que mete medo! pero ao mesmo tempo máxicos, a veces non te recoñeces diante do espello. "Como che digo agora quero acción, adrenalina e flocos de millo"- e volve a rir.
Como na pantalla, cambia de rexistro e chisca un ollo seductor a un camareiro aturdido que non pode deixar de fixarse na nosa protagonista.
Encóllese de ombreiros, cando lle apunto o título de animal vivo máis sexy do planeta concedida polos lectores dunha prestixiosa revista: "Cousas dos xornalistas...hai milleiros de rapazas máis guapas pola rúa pero son anónimas".
Moitas desas mozas levan penduradas do pescozo xoias deseñadas pola entrevistada e agora rumba case con paixón cando falamos do selo Little Kat, unha liña de accesorios que están presentando unha alternativa a poderosa Hello Kitty.
"Non se trata de competencias, son mercados distintos, a miña colección pretende un concepto algo máis sofisticado e elegante, menos inxenuo pero a un prezo asequible. Sempre me gostou debuxar, a miña nai garda unha carpeta rechea de debuxos e esbozos..." -Cando a interrogo pola súas influencias- " Inspírome na natureza, na arte moderna, no que vexo na rúa...reinventado coa miña imaxinación infinda, remexendo en todos os caixóns"-risas.
O seu axente avísa que o tempo da entrevista rematou, ensaia un aceno de desculpa, despedíndose cun amable e reiterado rozamento que me deixa abraiado mentres se alonxa entre olladas de admiración e murmurios, camiñando de vagar, elegante petar de tacóns, como unha gata sobre o tellado de zinc.
http://www.flickr.com/photos/susorubio/3879634724/ (Michiña portrayed courtesy by Suso Rubio)
Roi Buliganhttp://www.blogger.com/profile/18088028879307080720noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-644232968404007165.post-57855426642686691022012-03-20T17:36:00.000-07:002012-03-20T17:40:24.884-07:00Joan Chamorro presenta Andrea Motis, encantados de coñecerte.Agora nos concertos de jazz o fume é de atrezzo e as divas solistas son tímidas adolescentes que levan xersei e bufanda de ensaio e miran disciplinadas ao profe Joan Chamorro para preguntar que canción debe ir agora.
Así é polo menos a deliciosa experiencia de asistir á irrupción da gran promesa do jazz hispano Andrea Motis.
O Auditorio de Ribadeo caeu incondicional e hipnotizado ao feitizo da fermosa voz de Andrea mentres debullaba con clase e personalidade os clásicos admirados de Ella Fitzgerald, Billie Holliday, Louis Armstrong, Jobim...un pouco de todo, con clase e perfecta contención, facendo súa cada canción. A señorita Motis abrazada a súa trompeta, acompañando o ritmo das invencións de Ignasi Terrasa ao piano, sentindo o latido da música, e esperando o seu turno, é un sopro de aire fresco, de naturalidade e de confianza no éxito do traballo. Foi unha noite cool, de miradas embriagadas e admiradas polo talento natural nun exercicio de aprendizaxe impecable que tardaremos en esquecer.
Joan Chamorro presenta Andrea Motis actuou no Auditorio do Concello de Ribadeo dentro do Ciclo Músicas Posibeis o sábado 10 de marzo.
Roi Buliganhttp://www.blogger.com/profile/18088028879307080720noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-644232968404007165.post-31303497363298870422012-02-05T15:50:00.000-08:002012-02-06T08:45:46.354-08:00The Gift
The Gift, ovacionados no Teatro Principal
O concerto empezou frío e distorsionado, (algo dos equipos de son) Sonia entraba rara, con pinta de lírica e había un ambiente de experimentación que recibíamos con cautela, pero o frío saiu do Teatro Principal tan rápido como a voz de Sonia ascendía en volutas graves e amargas acompañada do piano nostálxico de Nuno Gonçalves. Cando Sonia consigue domar esa voz que vai do cristal á area dende o máis alto ata o rumoreo respirado, emociona, mesmo nese rexistro lento, espido, que é a Primavera do seu concerto, consigue deixar momentos cálidos, envolventes que revela a potencialidade e versatilidade dun grupo que non simplemente quere adaptarse á distintas correntes de xénero, senón que honestamente exploran novas vías de sensibilidade que responden ao ánimo compositivo.
Pero a segunda parte-Explode- empeza a quencer máis ao público cun The Gift máis recoñecible e colorista, ritmo, alegría, cancións frenéticas onde creo que a voz de Sonia sae máis aproveitada rodeada de toda a pirotecnia de pop rock+synth que nos fai vibrar a todos no Principal. Hai de todo, pop hedonista, himnos, ópera rock, electro...e palmas botando fume in crescendo, o público a estas alturas xa está tan gañado que Nuno vaise medrando para asumir o liderazgo de The Gift dende os roles máis variados e compatibles: elegante, seductor, irónico, simpático, frontmen, contaxiando as plateas cunha enerxía desbordante que chega ao paroxismo antes dos bises obrigados. Non podíamos obviar a Sonia, embarazadísima, entregándose en corpo e alma a un explode frenético e sen acougo máis alén do deber esperado, fundindo o vozarrón cun sorriso nos beizos, bailando, sostendo un longuísimo tarareo dialogado co público compostelán, Si amigos o concerto valeu cada céntimo da miña entrada e da entrada da miña acompañante ausente. Dúas horas de felicidade quente e musical para combatir a longa noite siberiana. Son un auténtico regalo.Roi Buliganhttp://www.blogger.com/profile/18088028879307080720noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-644232968404007165.post-68657533608058430442011-10-13T02:58:00.000-07:002011-10-13T03:05:29.485-07:00The Housemaid (2010)
Byung-sik disfruta con clase os praceres vedados
visión panorámica do home da casa.
The Housemaid, seica unha película surcoreana remake da súa homónima orixinal da que falan marabillas. Lamentablemente o cine asiático periférico dos anos 60 non é tan accesible como o do século XXI e na era de internet. De calquera xeito a versión moderna xa é suficientemente boa como para deixar unha pequena nota. Un dos detalles que máis me gostan da cinta é a autoridade e solvencia na relación entre a historia e as personaxes. Hai unha coherencia constante na asunción de cada rol que se entrecruzan desenvolvendo unha historia precisa . Inxenuidade, Irresponsabilidade, Acomodación e Odio. As cartas están repartidas para manter o status quo debido. Luxo asiático e glaciar nun fermoso inverno para as peles máis ricas. Todo como debe ser, Arriba e abaixo. A tradición, o futuro, a descendencia, nobreza obriga. Pero tal como sempre debeu ser, os instintos, o prohibido, o pracer do privilexiado, o desexo de ser amada dende arriba quebra necesariamente o estado das cousas. Impónse reparar a fenda pero...ata aqui debo ler. Fermosa cinta nun posta en cena brillante como podemos ver nas capturas.
Cast
Do-Yeon Jeon. Inxenuidade que muta a unha perigosa melancolía.
Jung-Jae Lee. Irresponsabilidade. (e moito capricho)
Seo-Woo- Odio-reparador e amoral.
Yoon Yeo-Jung Acomodación sempre digna
Seo-Hyeon Ahn- Nami, nena de corazón puro do que nos tememos que herde as vilezas de familia
Probablemente, a temática filmográfica "do medo" estimula nos realizadores e guionistas unha continua reinvención e exploración formal que non se observa noutros xéneros de maior estimación social e crítica.
Fornecer de terror, ansiedade, desacougo ao espectador, acolle moitas vías paralelas na procura dun fin común que pouco ou nada teñen que ver nos medios.
O paranormal, a posesión, as presenzas do máis alén, ten unha antiga orixe e ciclícamente vólvese a asomar as carteleiras acomodándose a novas historias e recursos plásticos (moitas debedoras da riqueza da nova vaga do J-Horror nipón).
A inspiración snuff, inventariando lendarias urbáns máis ou menos conscientes no imaxinario contemporáneo, é unha tendencia moi presente nos carteis da xerazón dos 00´s, incluindo a sofisticación da torture porn coa escenografía de mutilación, morte e sexualidade que emerxeu das marxes do video underground a verdadeiros blockbuster da pantalla grande.
A moda revisitada de monstruos clásicos como vampiros, lobishomes...buscan unha rexeneración de subxénero iluminando de matices afectivos e operando unha gama máis ampla no espectro moral dos malignos. En fin, moitas escolas e estilos inspiradores para conseguir desacougar a un espctador sempre famento de fortes experiencias.
Sen embargo, un dos títulos dos que máis gostei no último ano, escápase un pouco á tradicional clasificación tanto na construcción formal como na historia plantexada.
Lendo a estupenda ScifiWorld, advertín a mención a unha película, Triangle, inédita en España, da que dicían posuír un final dos máis desoladores vistos no xénero. Pareceume un adxetivo moi suxestivo para non obvialo...e por suposto...tiñan razón na apreciación.
Triangle ten un desenvolvemento narrativo non lineal na medida na que un está acostumado a ver o filme, que como moito acolle dous ou máis xiros espasmódicos e sorpresivos na recta final. Nesta proposta o cronómetro iníciase e para, iníciase e para, nunha liña de tempo espiral na que se insiren fragmentos que teremos que reinterpretar e contextualizar no seguinte reseteo.
Normalmente os vaivéns narrativos non soportan a revisión mental das "trampas" que se teceron na metraxe anterior.
O positivo deste producto e que hai un especial coidado e minuciosidade no entramado narrativo para asegurar unhas costuras sólidas, explicativas e verosímiles.
Curiosamente o ritmo denso e frenético e proporcionalmente inverso a sinxeleza da execución visual da que ningún plano da a sensación de abuso, sobrecarga ou obviedade.
Falemos de tapas.
Sihomesi.
Non estaremos a sobrevalorar as tapas?
Non, as tapas son de vital importancia.
Vamos de viños.
...e tapas.
O síndrome de "a palo seco"?
Efestivamente.
Todo ten que ter un equilibro.
O Yin e o yang.
A letra e a música.
O viño e a tapa!
Equiliquá! tamén pode ser cervexa?
Sihomesi...calquera bebida: cervexa, viño, auga...
leite?
Nonhomenon, o leite é viscoso de máis paraquesegunquetapas.Sabe que facemos meu amigo e eu? asexamos, merodeamos polas fiestras dos bares a ver se hai tapas ou non.
A tanto chegades?
a tanto, trátase de ver a presenza de vaixela de tapas no mostrador.
E se non se ve?
non entramos, tomar un viño ou corto sen tapa pode dar pe a un intre de alta tensión emocional e gástrica. Non se pode un arriscar.
Entendo.
Pero os perigos non acaban aqui, unha vez vistas as pezas das tapas, hai que ver a intención do mesero, que din en América.
Intención?
Explícome, pedimos dous viños pero hai que ter moito valor para pedir unha tapa que lembre, é de balde. Unha vez o camareiro escancia os líquidos, iniciase unha conta atrás crucial para o noso cometido...
A tensión da que falaba.
Sactamente. Tácitamente concédese un periodo de cortesía que non debera exceder de 10 minutos nos peores casos. Nese intre diletante, o camareiro pode servir outros clientes, limpar mesas, recoller tazas, todo ese movemento é seguido polos nosos ollos con cada vez máis agoiro. Sobre todo as entradas e saídas da cociña.
Capisco.
O reloxio avanza, as tapas non chegan, a conversa espésase, a cervexa trátase de dosificar na espera do condumio.
E por fin...
Por fin...o camareiro infórmanos do menú tapeador, buf! respiramos, saloucamos case de emoción e a tensión alíviase como brisa no forno.
Un final feliz!
Nones amigo.
non?
Aínda se pode estropear este sano e noble exercicio do tapeo. O camareiro ensina o "muestrario" coma un vello tahur do Missisippi. Eis unha bandexa con pinchos menores como fiames, ovos con pimentón e sardiñas de lata,
Pero...
Pero...despois avísanos das tapas de cociña, o plato forte, vamos:
Ensaladilla, Croquetas, Pulpo a Feira...
Pulpo!
Patacas bravas, Albóndigas, Callos...
Callos!
Xa ve como hai tapas máis populares que outras. Pero siguen os perigos...
Xesús!
A tapa non ofrece o que promete...
Hai máis pataca que polbo, hai máis rebozado que calamar, os callos están frios
Hai tapas que se ofrecen segundo a que cliente...
porque a estes lles ofreceu lagosta con percebes?
Percebes o que digo?
Sim
Non hai tapas suficientes de cada clase!
Da de churrasco só me queda unha...
Pois dame logo unha de chícharos.
A tapa ven confundida...
De quen é esta de caracois?
A tapa non ten pan...
esaxera mon ami!
A tapa tarda de maís...
O último grolo e agora "a palo seco"!!
Xa ve, meu.
Imos de tapas?
Imos, pero péguese ao vidro, querido, e faga sombra coas mans, mire se hai atrezzo de pinchos nas mesas.
Pero se pon un cartel grande: Bar Manolo, Viños e Tapas!
Encántanme os hoteis, habitar esa especie de crono-casas e o feito de facelas túas. A maleta destripada, o móbil agonizante na mesiña de noite, o contido do neceser esparexido no cuarto de baño...A bonita rutina de aprender as escaleiras e ese cadro tan particular, porfiar coa chave ou a tarxeta e equivocarte sempre ao prender a luz.
Si amigos, recompoñer e perfeccionar o puzzle de rúas descoñecidas ata atopar satisfeitos a porta azul.
A porta azul está en Duque de Loulé, Porto, e atreveríame a xurar que pouca xente da veciñanza sospeita que no vello inmoble se oculta esta guest house chamada 6Only.
O concepto e a filosofía desta morada anúnciase no site:
Não se trata de um hotel mas sim da nossa casa, onde o antigo convive co moderno.
E así o comprobamos sobre o terreo, segundo traspasamos a porta azul.
Mariana fainos un recibimento cálido nunha estancia luminosa e aberta, curiosamente invisible dende a rúa, explícanos os detalles e funcionamentos da casa de invitados, así como un montón de indicacións utíles de que ver/facer na cidade con amabilidade e paciencia, mentres saboreamos un porto de benvida.
Estáse ben en 6Only, un edificio que o arquitecto encargado da rehabilitación, Tiago Lousa, lembra como unha digna e ancián señora. Nos teitos altísimos, nas fiestras batentes, no balaústre torneado da escaleira, recupérase o espírito elegante e señorial do inmoble portuense. O deseño limpo, funcional e cómodo, adapta a vivenda a novos tempos.
O "pequeno almoço" ben surtido e equilibrado axeitase aos costumes de distintos viaxeiros, o salón lounge, é un relaxante e familiar espazo no que ler, escoitar música ou ver a tele ao tempo que tomas unha bebida.
Pedro, a outra cara do binomio 6Only e que vive no piso de enriba con Mariana, quere saudarnos e felicitámolo pola casa e pola idea. Cóntanos o se concepto de hospedaxe que complementa a clásica oferta hoteleira da cidade. Parece un bo tio, tranquilo, afable e optimista, fálanos de que pretende contruir unha comunidade, unha familia a partir da residencia, será cuestión de tempo pois recorda que levan pouco máis dun ano funcionando. A xente repetirá, recomendará a experiencia a coñecidos e creará novos vencellos sólidos de six en six cuartos. Pedro quere crer que a xente é boa...a xente é boa, afirma convencido, e tiveron moita sorte dende que abriron a porta azul. Pode soar inxenuo, pero ouvido a Pedro resulta sincero e refrescante entre a circulación de pretenciosos eslógans pola cidade neste tempo de eleccións presidenciais.
Un concepto distinto, seis cuartos, un ambiente agradable de bed&breakfast urbano e de deseño en pleno centro da cidade do Douro.
PD Sigo aprezando este xeito de viaxar por outra parte, manexando os tempos, improvisando, repetindo os pasos, demorándose onde non se pensa. A conversa con F. Cardoso, taxista e pintor naturalista, Antonio Laranjeira, seductor e apaixoado fadista ou Sara, unha alegre e atractiva estudante de Imaxe que nos fala dos problemas do país, son algún dos recordos indispensables da viaxe.
Volverei, Pedro e Mariana.
Aqui escribes o contido, así dice a liña de código e é realmente certo, o contido creativo, completo, conclusivo precisa do que adoitabamos chamar post. A sucesión vertixinosa da comunicación dixital fixo obsoleto esta forma de autopublicación independente e libre. Os blogues que acostumaba a ler varan nunha eterna maré baixa como dornas esqueléticas en espera dun e-calafate. Onde está o dono? Marchou para a lonxa do Facebook, din que alí lle fai o mesmo...¡mentira! Ninguén postea no Matrix de Zukerberg. Inscribes un pensamento doméstico ou ocurrente, compartes cousas puntuais que problamente tamén tuitees. Dis que tes unha resaca do quince, que odias as pelusas e as katiuskas de marca, que compartes a causa mapuche e que me gusta/me disgusta o licorca con/sen xeo. Pero sobre todo laretas e fisgas dos veciños e dos veciños dos veciños e de nai que pariu a privacidade da hot e do truño. Enteráste que tal lle que queda o bikini a Elena nas Cíes ou o baile rídiculo que fixo un Suso bébedo na última voda...Sae pegado no muro a relación de fulana con...¿ese paiaso??? ou un discreto e alentador: fulana é solteira en tempo real.
Por suposto non saúdas na rúa á metade de "amigos" agregados porque nunca me caeron ben, a verdade, pero é mellor que non se enteren (é algo do buenismo feisbukiano, había máis combate-flame no blogueo clásico).
Reducimos o pensamento a sandwich compactados, abusamos do hiperligazón e cambiamos unha reflexión que che leve unha hora por mensaxes por minuto sacados das bolachas da fortuna.
Pero pode que aínda se poida miniaturizar máis a mensaxe, pode chegar a ser canso a actualización do Face e facer encaixe con 140 caracteres. A seguinte evolución pode ser inserir mensaxes que se publiquen simultaneamente en todas as plataformas coñecidas e ter un tío do MundoReal™ que leve o recado para o taboleiro da praza pública.
E podíase volver ao XIX onde Ana Karenina e Vronski envíanse SMS pero chamábano esquelas e ata podían facer unha perdida...
Parececía un mundo moi sofisticado e complexo e só queda Google para buscar, Wikipedia para saber e Facebook e Twitter para SER...
Volvede ás dornas, porfa, polo menos de cando en vez...Roi Buliganhttp://www.blogger.com/profile/18088028879307080720noreply@blogger.com3tag:blogger.com,1999:blog-644232968404007165.post-21843786710501212472010-09-17T14:52:00.000-07:002010-09-17T14:59:20.159-07:00as revistas do futuroCando presentamos a revista dixital ala por xaneiro, quixemos facer un pouco de futurismo dixital propoñendo novas vias de expresión ao mundo editorial de mañá.
Como parte desta proposta exhibimos un par de videos suxestivos das revistas do futuro. Supoño que xa veriades por ahi (Bonnier e Sports Illustrated, pero coa voz en off de Yaiza, unha nena de 9 anos, seguro que non.
as revistas do futuro from roibuligan on Vimeo.
Imaxinemos que non sabemos nada, que non coñecemos ao director nin ao seu estilo, que non vemos os soltos da rede sobre o proxecto, a historia, o impacto e a polémica.
Tan só leremos a película, deixarémonos conducir a un privilexiado punto de vista. Punto íntimo e subxectivo, visceral e simbolista. Unha ollada agresiva que non exhibe, tan só non agocha.
O instinto é primario e determinante nun estreito círculo de culpa, sexo e morte. O chófer-personaxe que é chofer-persoa, o mestizo que ocupa o seu lugar nun México de ricos degradados e pobres envilecidos.
Cada párrafo da cinta se detén nunha percepción rítmica e monocorde que abre en angular alumando un contexto(os espertadores no posto da muller). As impresións quedan fixadas na retina con fogonazos de magnesio: un embigo contemplado por un ancián na cadeira de rodas, un metal que bate implacable na cruz dun peculiar calvario para expiar a culpa, A fe cega e estridente como único vieiro para a inmolación, a masturbación bizarra ao gañar o seu equipo a liga...
A fotografía sobreexposta e e de cores lavada é unha luz cegadora que fai chiscar os ollos de Marcos máis dunha vez e que ambienta un curioso equilibrio entre realismo sucio e onirismo máxico.
Hai sexo que supera o erotismo finxido e de coreografía. Aqui como en Shortbus a historia se impón sobre etiquetas. Sinxelamente porque debe asumirse o sexo así, como un elemento máis, máis real cen veces que o erotismo soft ou o porno hardcore.
O desafío empeza desde o inicio. Unha obertura limpa, iluminada e progresiva dunha felación (mamada)é unha aposta de tequila doble para o cinema convencional.
E ao final o círculo péchase e o pracer ou simple afecto entre señorita e criado resólvese cunha ruptura sanguinosa, instintiva e inexplicable...
Estupenda literatura visual (cine) cunha visión persoal e atrevida.
Nota
Agora que ven a derradeira vaga de frío antes do verán, refréscome en lembranzas de canícula, tan mal aturadas entón con case corenta grados na bisbarra de Ribadavia.
Ao día seguinte da festa medieval a aproveitando a (estraña) ausencia de resaca, concertamos unha cita con Antonio Cajide, colleiteiro, como identificaba a súa tarxeta de presentación, e un apaixoado da esencia da viticultura.
Antonio falounos na súa adega da bomba peristáltica que acaba de adquirir, do doado que é a viticultura con cartos, do trasfondo nos recoñecementos de catas, da desnaturalización do viño para satisfacer a comodidade do cliente. Contounos necesarios e precisos coñecementos de química, botánica e xardiñería, das barricas de carballo francés e húngaro que arrecende a vainilla. Lamentou o desprestixio social do ribeiro, o agradecido apoio da familia e os nutritivos guisos da nai para afrontar o duro traballo, do escepticismo ante a opinión dos críticos e a paixón pola terra e os froitos, do respecto polo oficio de colleiteiro e da filosofía de artesán con que mima e perfecciona cada fase dende a vendima ata o embotellado.
O home fronte o Courel, unha das montañas icónicas da xeografía galega. O Courel e o home primixenio da Galiza. O máis antigo devanceiro, antepasado aínda dos habitantes atalaiados no Castro de Brio. Un xacemento do noso Ötzi particular peneirado polas áxiles mans de arqueólogos entre restos de Uros e outros seres case mitolóxicos.
Con este antecedente nos enfrontamos nunha expedición pouco avisada da dureza da montaña...se o río Miño é pai, pode que o Courel sexa nai ou polo menos nao desta viaxe na que as nosa mentes se dispersan ao longo de trece quilómetros de sabedoría. Un vieiro que se remonta na bacía do río Pequeno, limpo, transparente, sobre cantos rumorosos...pode que Novoneyra deslizase algún verso por estes carronzos...de súpeto, un dos misterios da rota:un muro tallado a navalla, un verdadeiro pozo escuro, húmido, mofento, con cairos desafiantes de xeo. Sigamos que vai frio.
O paso ha de ser miúdo por forza, remontando escaleiras de laxas, congostras feitas fervenzas peonais, pasos de fila india ascendendo outeiros pelados...Ángel fálame da propiedade letal das uceiras: se rompes a uz, prepara a cruz! O mesmo guia trepa ao castro indicado na sinal informativa...aínda que se agocha da vista entre xardóns e aciñeiras, malas artes dos mouros e outros cobizosos seres sen dúbida.
Continuamos divagando pola senda dos castiñeiros milenarios erguidas como torres leñosas e vixías dos nosos pasos perdidos.
U-la bubela? u-lo picapeixe? Dora quere escoitar un murmurio de ave nos ecos do souto...Pero volvemos a camiñar sobre pedras revoltas, tras deixar atrás Mercurín e as galerías de madeira e todo o Courel nos parece infindo envolvéndonos con parsimonia.
A peregrinaxe tamén debería rematar aqui, non só no fin da terra, senón no principio do home e das nosas primeiras pegadas onde a vida palpitou por riba destes montes duros e salvaxes.
Así que rematemos a viaxe, deixemos durmir aos xabaríns e aos lobos, despídamonos da gran muralla de castiñeiros ocos e pantasmas, respetemos os tesouros do castro e continuemos a vida que a Nai Courel nos legou hai miles de anos.
PD A vida non cesa nin nas primeiras luces do camiño, un neno ou nena da os primeiros pasos no seo de Laura, ela pregúntame por nomes galegos, góstalle Fins e a min tamén.
Quédome con Álvaro Galán e algún verso perdido entre fluidas copas de viño: Era una luz lluviosamente extraña,/ alicaída, distinta de otras alas/dolorosa/como el agua en las aceras. Una sombra/Era una sombra otoñal, luz desvaída,/era la luz de una sombra cabizbaja/cruzado el bulevar./Eran las manos de dios en los bolsillos/eran las suelas gastadas de la tarde/dejándose llevar (...)Tamén con Manuel Mesa que describe as experiencias graffiteiras e os bombardeos legais e ilegais, a verdade que as ilustracións córvidas ou retratos de impacto tiñan que estar en Museos ou de mobiliario urbano municipal, nada que ver con outros colegas de spray.
Por suposto non esquecer as madonnas eróticas e contemporáneas do alxecireño Mariano Vargas (publicado por Taschen non me estraña)e a serie plástica que inicia a arxentina Fernanda Staude.
En fin, tres euros ben empregados sen necesidade de pirotecnias gráficas, ademais case sen cortes de publicidade, como a TVE, e é o anuncio dun bistrot en contraportada!!! O mesmo onde lle fan a entrevista a Galán...Non é moi curriño todo?
Lembro unha inspirada frase dun ilustre crítico en Fotogramas:
"el cine europeo es para pensar, el cine americano para sentir"
Aínda se repite nunha eterna proxección de prexuizosa condescendencia da vella Europa. Un imaxina tamén aos distribuidores españois intentando pensar e sentir que Days of Summer fora 500 días juntos, un clásico afiche de comedia romántica superficial e salpicado de trazos de humor groso.
Pero vai ser que non, que esos inxenuos e futíles ianquis tamén saben crear películas para pensar e sentir.
500 días juntos é moi infrecuente nestes circuitos homoxéneos e masivos pero é un exemplo máis da fértil e variada cinematografía que se roda en EEUU, Sundance e máis alén.
Este filme parece evoluír libre e indie en todos os elementos narrativos e visuais que se descolgan nese almanaque obsesivo. Non hai estridencia, nin exceso nesa relación amor-odio na que Tom Hansen intenta acoplar as expectativas e a realidade (gran secuencia partida). A desesperación dramática golpéase en doces e amargos días contra unha Summer etérea, deliciosa, invulnerable, ideal...
A pequena conselleira confírmalle a incerteza da arquitectura da felicidade. Unha construcción subxectiva na que os muros se confuden con fiestras e as escaleiras con andamios. Falar non basta, nin omitir etiquetas que finxan unha relación sen riscos. Só é preciso sentir, deixar de sentir e volver a sentir.
Pero lexitimemos outro prexuízo máis sobre a peli: parece europea, aínda máis obvio nunha orixinal parodia de tributos a Fellini e a Bergman, minimalista en escenarios...bah! non é suficiente, o acrónimo das barras e estrelas figura no copyright.
Estaremos dacordo en que é unha refrescante renovación dun xénero enquistado, un dos títulos suxerentes e unha estupenda interpretación de Joseph Gordon-Levitt...ben polo menos concédanme a bondade da BSO.
PD con xenreira
Odíote Summer*
* Tes outro nome pero fuches tan honesta e equívoca como Zooey Deschanel
Bon Nadal a todos
Cada outono nunha xa longa costume, Lugo se improvisa a si mesma e vibra en ritmos nocturnos no mellor festival de jazz de Galicia. Será polo que sexa pero os soberbios carteis que se programan na capital lucense atopan unha amortiguada repercusión moi ignorada no resto de Galicia.
Eu teño a teoría de que o desleigamento, a soberbia e a subestimación son ladrillos dunha estructura piramidal que sofres e inflixes por igual.
Non se ve esta cita moi sobada por políticos para ben ou sobre todo para mal. Sen rebumbio nin grandes recursos mediáticos unha organización exemplar optimiza a contratación de grupos e solistas de gran nome no planeta jazz.
En Lugo, alleo a circuitos musicais de alto nivel tampouco vai recibir aqui a stars-divas como Diana Krall ou Norah Jones (ela mesma aconsella outras escollas para o jazz) pero pode que a pesar dos seus indudabeis méritos, este Festival non as bote de menos.
Nos escenarios do Círculo de las Artes, Clavicémbalo e Fundación CaixaGalicia escoitamos a grandes figuras de gran habelencia técnica e talento artístico, moldeados en igrexas, coros,academias e centos de garitos con grandes figuras fornecendo o seu crecemento. Sen unha pinga de marketing nin maxia de estudio. Cracks como Kurt Elling, Roy Hargrove ou Wolfang Muthspiel (porque haberá tan bon jazz moderno en centroeuropa?
Escoitei ao trío que lideraba o austríaco nun venres de tormentas, desarmando o expectante silenzo do Círculo cunha dixitación virtuosa que era agradecida por un público emocionado unha e outra vez. Ás portas dun diluvio ameazante aínda se debuxaba nos sorrisos e nas conversas de retirada esa calidez feliz de rematar un tempo colorista e cool. Esa é a maxia do jazz. E foi en Lugo.
A idea de Genovés nestas fotomontaxes é simultanear a cultura e a natureza dun xeito contradictorio. O ser humano crea e consagra espazos, templos relixiosos e artísticos que sobrevivan á vida efímera e a simplicidade do home como individuo.
O sentimento de sacralización, devoción, admiración se confronta en territorios arrasados, precipitados por unha estraña beleza destructiva que anega óperas, bibliotecas e catedrais.
Por unha banda o sublime da natureza humana, e por outra a beleza morbosa da destrucción e da morte sacudindo as convencións da educación social.
O equilibrio é difícil pero o atrevemento de Genovés precipita fascinación e advertencia do que en realidade somos.Roi Buliganhttp://www.blogger.com/profile/18088028879307080720noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-644232968404007165.post-34231897466247128562009-10-06T15:14:00.000-07:002010-02-11T10:22:09.861-08:00Dramaturxia de Pisón, Alta SensibilidadeXesús emprega película dunha ISO moi alta para percibir máis alén do que pode rexistrar o ollo humano medio. Con ese material sensible sobe ao alto dun Penido para revelar as pulsións larvarias e íntimas desa estraña raza de homes de cabeza de animal que deben matar para vivir, para ser homes en definitiva. Tamén dispón dunha lente de gran angular para gravar un time-lapse kitsch, torrencial e sen solución de continuidade, propia dese zapeo social e irreverente que reflexa esta sociedade comesta dos pallasos. Son tempos dun novo teatro, onde a linguaxe é unha corda que se revolve nunha torsión de monólogos condenados a separatas paralelas e xordas.
Pisón aburríase nos rangos cromáticos que se empregan na maioría de historias, por iso procurou unha nova química, para captar infravermellos e novas luces no diálogo coa realidade dramática. Unha avant-garde que define o desenfoque e orienta na escuridade, pero dende a tradición, non dende o artificio.
E sobre todo con poesía, porque ademais da guerra e loucura, a poesía é tamén signo da nosa raza.
"...uns minutos de vidro para nos disolver/ou para nos disfrazar/os restos da noite son o meu reino, conquistado trago a trago"
NOTA comentarios sobre o monográfico da revista Casahamlet (nº 11-maio 2009) monográfico sobre o teatro de Xesús Pisón.
Ilustran este número as fantásticas ilustracións de Miguelanxo VarelaRoi Buliganhttp://www.blogger.com/profile/18088028879307080720noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-644232968404007165.post-58196351705425641922009-09-19T03:22:00.000-07:002009-10-31T03:28:48.959-07:00GalegosTiña aqui no despacho hai máis dun mes o último número de Galegos, a revista trimestral que promove Ézaro Ediciones e que agora dirixe Alejandro Diéguez. Pero no verán entra demasiada iluminación e preguiza pola fiestra así que pospuxen este "review" ata setembro.
A factura da publicación é impecable tanto no sobrio e clásico deseño como no papel e formato, pouco habitual nas revistas como estas, de contidos heteroxéneos que parece dedicada case tanto ao interior como ao exterior de Galicia. Supoño que ese espirito se manifesta tanto na simétrica edición bilingüe como na elección de temas e personaxes relevantes, consolidados e pertencentes a cultura galega mainstream. Non atoparemos logo unha gran cuota de protagonistas alternativos e novos valores pero é unha agradable e vistosa ferramenta "Deluxe" para coñecer que se coce no mundo empresarial, político ou cultural desta terra, útil para os non galegos e os galegos que moitas veces descoñecemos tanto deste noroeste como un habitante das grandes chairas. Xa é fermosísima a portada que reverdece nos pinceis de Miguelanxo Prado e as imaxes de De Profundis, na ortodoxa entrevista que lle fan ao coruñés tampouco hai grandes revelacións aparte de suliñar a decepción dos esforzos baldíos en proxectos institucionais como o Museo do Humor.
Bluesens e a súa miragre tecnolóxica nun sector inédito en Galicia ocupan outra agradecida sección que protagoniza o emprendedor José Ramón García.
María do Carme Kruckenberg fai un breve repaso a unha vida privilexiada de coñecemento e relacións culturais que a puxeron en contacto coas grandes figuras de Galicia, España e América e que demostra como ata no presente unha galego-xermana e burguesa, non contradice unha visión cosmopolita e de alta sensibilidade pola cultura e a creación en lingua galega.
Xa coñecíamos a case mítica vida de Alfonso Graña e a seu "reinado xíbaro" a través dalgún xornal pero é moi interesante descubrir algún detalle máis, a parte de valiosas fotografías e reproduccións dos textos nos reversos que documentan esta odisea amazónica personalizada polo natural de Amiudal (Concello de Avión). Algún día algún Spielberg debería levar ao cine a lendaria e sorprendente biografía dun home que cautivou e dirixiu a esta tribo tan rebelde.
E hai máis: a policromía para salvar o feísmo, a eterna emigración e Albor no seu "estanque dourado", todo no impecable número 6 de Galegos, con pouca publicidade ademais e supoño...algunha subvención (aínda que non vexo logo) . Eu teñoa de balde, como debe ser, pero podedes ter os catro números nunha suscripción de 60 € (bah!pouco) Pero amortizables, sobre todo se fan unha versión máis flexible para poder introducir nos asentos de avións que entren e saian de Galicia así como nese oscuro obxecto de desexo que será o AVE. (polo norte de Galicia en FEVE, eso si)Roi Buliganhttp://www.blogger.com/profile/18088028879307080720noreply@blogger.com0