miércoles, 30 de abril de 2008

Ficción filatélica

É curioso como a veces les mensaxes inconexas que se asocian de forma luminosa por simple azar. Meu compañeiro leu súbitamente este artigo visto na rede de Miguel Vila que empezaba "os concellos de Alfoz e Valadouro celebraron un pleno conxunto no que por unanimidade de tódolos presentes acordaron nomear fillos predilectos do val a aqueles que hai xa cen anos fundaron na Habana a Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo El Valle de Oro que se encargou de construir escolas, rehabilitar igrexas e socorrer a quen o precisaba aquí, a miles de quilómetros de Cuba" Un excesivo segundo durou a miña crédula ilusión cando lembrei que tal nova non consistía máis que nunha amarga ironia coa que o xornalista criticaba o abandono e esquecemento institucional e social da vella sociedade que modestamente aínda subsiste(El Progreso 10/11/07). Lin nun xornal o título do episodio dunha serie de televisión, Unha mentira marabillosa. Si, a veces sobrevives con mentiras marabillosas e con puntos de fuga trazados en ningunha parte. Puro escapismo. A filantropía daqueles emigrantes non é hoxe un valor en alza, non é unha virtude que pague o billete de volta hacia as terras de ultramar, pode que si un retorno paralelo, desagradecido e fachendoso que resulta proveitoso no cambio de moeda. Non hai nesta xeografía un exceso de intención reparadora, non hai unha ética que revise a nosas prioridades como parecia que habia nese grupo de idealistas que soñaban cun mellor futuro para a terra e a xente que deixaron atras. E se non hai ningunha acción de calado, obviamente tampouco hai estética, nin cultura de memoria onde honrar o egrexio, de concesión ao ilustre, dunha sinal visible que non nos faga ingratos e que avise aos que han de vir. Non...só nos quedan xestos inadvertidos e mentiras marabillosas.

jueves, 24 de abril de 2008

Confluencias


Cun día de retraso á celebración libreira, incorporo entrada coa excusa da visita da miña admirada Mar Vicente e dun agasallo en forma de libro que me fixo hai días. Un verdadeiro luxo, que a propia gañadora da 2ª Edición das Bolsas á Creación Artística FEIMA-Fundación Laxeiro, che entregue o catálogo que ilustra a exposición que protagoniza a artista de Valadouro xunto cos dous finalistas, Samuel Castro e Pablo Pérez Sanmartín. De Mar xa falamos anteriormente, Samuel Castro (A Coruña, 1981) “plantexa xogos conceptuais en obras que apenas narran, máis ben propoñen, interrogan cunha economía de medios expresivos e materiais”. Pablo Pérez Sanmartín (Vilagarcía de Arousa, 1980) “emprega linguaxes propias da cultura de masas, das cadeas de fast food coas que fai visible o Estado totalitario no que se convertiron as democracias da terceira fase do capitalismo(1)
(1)Fredic Jameson. El posmodernismo o la lógica cultural del capitalismo avanzado. Barcelona, Paidós, 1991

Archivo del blog