jueves, 24 de diciembre de 2009
Expectativas e Realidade
Lembro unha inspirada frase dun ilustre crítico en Fotogramas:
"el cine europeo es para pensar, el cine americano para sentir"
Aínda se repite nunha eterna proxección de prexuizosa condescendencia da vella Europa. Un imaxina tamén aos distribuidores españois intentando pensar e sentir que Days of Summer fora 500 días juntos, un clásico afiche de comedia romántica superficial e salpicado de trazos de humor groso.
Pero vai ser que non, que esos inxenuos e futíles ianquis tamén saben crear películas para pensar e sentir.
500 días juntos é moi infrecuente nestes circuitos homoxéneos e masivos pero é un exemplo máis da fértil e variada cinematografía que se roda en EEUU, Sundance e máis alén.
Este filme parece evoluír libre e indie en todos os elementos narrativos e visuais que se descolgan nese almanaque obsesivo. Non hai estridencia, nin exceso nesa relación amor-odio na que Tom Hansen intenta acoplar as expectativas e a realidade (gran secuencia partida). A desesperación dramática golpéase en doces e amargos días contra unha Summer etérea, deliciosa, invulnerable, ideal...
A pequena conselleira confírmalle a incerteza da arquitectura da felicidade. Unha construcción subxectiva na que os muros se confuden con fiestras e as escaleiras con andamios. Falar non basta, nin omitir etiquetas que finxan unha relación sen riscos. Só é preciso sentir, deixar de sentir e volver a sentir.
Pero lexitimemos outro prexuízo máis sobre a peli: parece europea, aínda máis obvio nunha orixinal parodia de tributos a Fellini e a Bergman, minimalista en escenarios...bah! non é suficiente, o acrónimo das barras e estrelas figura no copyright.
Estaremos dacordo en que é unha refrescante renovación dun xénero enquistado, un dos títulos suxerentes e unha estupenda interpretación de Joseph Gordon-Levitt...ben polo menos concédanme a bondade da BSO.
PD con xenreira
Odíote Summer*
* Tes outro nome pero fuches tan honesta e equívoca como Zooey Deschanel
Bon Nadal a todos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Archivo del blog
- marzo (1)
- febrero (1)
- abril (1)
- marzo (1)
- febrero (1)
- noviembre (1)
- febrero (1)
- noviembre (1)
- marzo (1)
- febrero (1)
- octubre (1)
- agosto (1)
- junio (1)
- enero (1)
- noviembre (1)
- septiembre (1)
- junio (1)
- mayo (1)
- marzo (1)
- febrero (1)
- diciembre (1)
- noviembre (2)
- octubre (1)
- septiembre (1)
- julio (1)
- junio (3)
- mayo (2)
- marzo (1)
- febrero (2)
- diciembre (1)
- noviembre (1)
- octubre (1)
- septiembre (2)
- agosto (1)
- julio (1)
- junio (2)
- mayo (2)
- abril (2)
- marzo (3)
- enero (2)
- diciembre (4)
- noviembre (2)
- octubre (2)
- septiembre (1)
- agosto (2)
- julio (7)
- junio (5)
- mayo (9)