martes, 26 de junio de 2007

Ritmos e Melodias. Episodio 2 (BSO)


E...continuamos coa serie Ritmos e Melodias dedicadas neste segundo caso a música de cine...un breve repaso por algúns títulos clásicos e bandas sonoras que fixeron época e se engadiron a nosa memoria cinéfila. Pasen e escoiten (ollo, pode ser un episodio redundante para os expertos na materia.Esquecía que Jorge Olivera compuxo a sintonia do programa e Vanessa otero, a voz da cabeceira. Grazas rapaces

lunes, 18 de junio de 2007

Ritmos e Melodias. (Músicas do Mundo)


Empeza a serie radiofónica dedicada á música alternativa á radiofórmulas, tendencias e etiquetas: Ritmos e Melodias, que neste primeiro episodio trata das músicas do mundo (ouh! xa caín nunha etiqueta) Trazamos un pentagrama universal dende Xapón ata Malí, dende Bolivia ata Hungria...pasando polos cinco continentes, músicas dificiles de escoitar, música de cerimonias, alegrias, tristura e amor...sons que expresan sentimentos...Ritmos e Melodias, idea e voz(nasal) de Suso Rubio (inevitable vaidade)

martes, 12 de junio de 2007

Outra saga de Wes Craven.


Advirto que o contido deste post pode dañar seriamente o seu criterio cinematográfico ou saúde audiovisual, este texto non esta redactado por un titulado na materia. Consulte co seu crítico de cabeceira antes de facer esta inxestión.
Unha vez aclarado esto, comento á miña escasa audiencia que o luns fun a ver El retorno de los malditos sen saber moi ben que iba a atopar, aínda que un amigo advertíume que era a 2ª parte de "Las colinas tienen ojos" información que me deixou como estaba pero que me soaba a película de terror...Pois así é "El retorno de los malditos" é a secuela dese título o que obviamente significa que fixo cartos e que seguisen procurando explotar a idea. A idea precisamente é obra de Wes Craven , autor dun dos mitos máis importantes deste xénero na actualidade: Freddy Krugger e a súa afiada man que rachaba o soño dos adolescentes en Elm Street. Wes Craven, para min foi o precursor dun xénero onde o terror, o humor negro e certo morbo erótico se mesturaban con intelixencia e ironia, fórmula que con diferente estilo seguiria con outra saga influínte: Scream. En "El retorno de los malditos" tamén se destilan varios xéneros na coctelera, tendencia moi acusada no cinema norteamericano, por un lado está a ciencia-ficción e os sinistros experimentos do exército no sector 16, por outro lado hai algo de zombies, agás no concepto primario de que estes monstruos están vivos non son mortos vivintes aínda que o maquillador éche da mesma escola, non deberiamos esquecer un pequeno "homenaxe" á Matanza de Texas, na cociña das catacumbas onde os productos da matanza están a salar ou a curar (vai ti a saber), na estructura familiar dos estraños mutantes, etc, todo esta receita, aliñada cunhas pingas do humor negro máis wescraveniano...unha serie-B máis? Ben si e non, hai toques orixinais como o plantexamento deste torpe pelotón da Garda Nacional, o ritmo trepidante e áxil, poucas chorradas nos diálogos e a honestidade dunha peli que non pretende outra cousa que puro entretemento ben rápido a ritmo de sanguinolentos flocos de millo.

miércoles, 6 de junio de 2007

Parolando


Retomando o podcast de RadioValadouro, agora tócalle o turno a Parolando, un programa que se emite en directo cada xoves sobre as 21:30. A dirección e guión corre a cargO de Pepe Peinó, personaxe polifacético que ademais é director de curtametraxes, actor de teatro, escritor dramaturgo, coautor de estudos etnográficos, etc. Este programa foi un verdadeiro luxo para unha radio municipal pola súa contribución e dinamización social. Algúns dos temas tratados foron a realidade dos discapacitados, o futuro da mocidade, a seguridade vial, os vellos músicos do val, a situación laboral da muller ou a inmigración e convivencia das distintas etnias e culturas que será o que poñamos no post.
Moita xente da Mariña lucense se achegou ós micrófonos de RadioValadouro para dar a súa contribución a un espazo plural de opinión. Neste caso concreto, xente como Antonina (caboverdiana), Mohamed (marroquí), Juana (venezolana) e Juan (cubano) contáronnos a súa experiencia de ser emigrantes na nosa terra. Como xa dixen Pepe Peinó, Cachín e todo o equipo, traballaron na costrucción de pontes de tolerancia e igualdade para facer un mundo mellor.



sábado, 2 de junio de 2007

Unha carta cruel


Pensaba eu poñer outro podcast para exemplificar un pouco a variedade dos programas que facemos en RadioValadouro pero ás veces a actualidade dramática obriga a pospoñer plans e contidos e reparar por un momento nunha nova excepcional na tónica e temática deste blog. Chamésmoslle denuncia social ou carta aberta ó mundo porque de cartas vai. Supoño que todo o mundo oiría falar do naufraxio dun barco burelés en Illa Pancha cun balance final de tres mortos, por se estades despistados Naufraxio en Ribadeo e cando algo así pasa, a xente, a comunidade, a sociedade en xeral pecha filas ante a dor de dúas familias que perderon seres queridos dunha forma tan arrebatadora e cruel. Máis non, sempre hai unha nota discordante que normalmente queda no silenzo miserable ou no anonimato dun comentario desagradable. Pero a Delegación de El Progreso-A Mariña deulle altavoz, queremos crer que por error máis que por provocación, a un tal Marcos Suárez, ribadense, aínda que eso pouco importa. Na súa misiva escrita e reflexionada cando dous cadáveres estaban no tanatorio e o dun mozo de 19 anos a 20 metros de profundidade, despáchase cunha crítica ós pesqueiros de Burela (de Burela tenian que ser) "que ese pesquerillo era bien conocido en la zona exterminando todo bicho viviente" sigue na súa diatriba apesadumbrado polos custes que lle vai supoñer ó asegurador "pague todos los desaguisados del analfabetismo y los chanchullos" Pódese ser máis ruin e mesquiño? Si, o voitre preeiro aínda chega ó seu punto máximo de abxección cun "Más vale tarde que nunca" que podedes situar no contexto a ver se significa algo distinto ao que todos pensamos. En ningún momento este individuo, Marcos Suárez ten unha palabra para as vitimas, non, só pensa nos recursos mariños expoliados e nos "pingües beneficios" que terá esta traxedia como resposta se se protexen a pesca de caña e deportiva (sic)Levo moito tempo lendo cartas sen atopar un texto tan repugnante e vomitivo como o do Sr Marcos Suárez, pódense denunciar e debatir os xeitos de pesca, por suposto, pero a inoportunidade alevosa e retorta do Marcos Suárez no día que teñen lugar os funerais e pensar en aspectos tan misericordiosos como os gastos do seguro e os beneficios para a pesca de caña ademais de insultar a ese colectivo como analfabeto e chanchulleiro enchen cada unha das súas palabras de lixo inhumano. A miña repudia a ese individuo e respecto ó xornal, hai límites na liberdade de expresión? Publicaríase unha carta racista contra os caboverdianos? ou outra defendendo o maltrato ás mulleres? ou unha alégrandose da morte duns obreiros da construcción para denunciar a especulación inmobiliaria? Respóndanme si se deben admitir escritos como este en aras da convivencia dos pobos veciños e dunha mínima sensibilidade para os familiares das vitimas.
A Carta enteira

Archivo del blog