miércoles, 30 de mayo de 2007

Carlos Drummond de Andrade.


Alguén dixo cos poetas podian deter o tempo, como nunha fotografía caligrafíada
en verbas. Que conxelan momentos, ritmos e músicas. Que deletran paisaxes e tempos, esquecementos e sobre todo lembranzas. Lembranzas que fican como pegadas imborrables nun papel amarelo e rubricado en negro.
De tudo ficou un pouco, de Drummond de Andrade fica tudo.

Resíduo

De tudo ficou um pouco
Do meu medo. Do teu asco.
Dos gritos gagos. Da rosa
ficou um pouco

Ficou um pouco de luz
captada no chapéu.
Nos olhos do rufião
de ternura ficou um pouco
(muito pouco).

Pouco ficou deste pó
de que teu branco sapato
se cobriu. Ficaram poucas
roupas, poucos véus rotos
pouco, pouco, muito pouco.

Mas de tudo fica um pouco.
Da ponte bombardeada,
de duas folhas de grama,
do maço
- vazio - de cigarros, ficou um pouco.

Pois de tudo fica um pouco.
Fica um pouco de teu queixo
no queixo de tua filha.
De teu áspero silêncio
um pouco ficou, um pouco
nos muros zangados,
nas folhas, mudas, que sobem.

Ficou um pouco de tudo
no pires de porcelana,
dragão partido, flor branca,
ficou um pouco
de ruga na vossa testa,
retrato.


Se de tudo fica um pouco,
mas por que não ficaria
um pouco de mim? no trem
que leva ao norte, no barco,
nos anúncios de jornal,
um pouco de mim em Londres,
um pouco de mim algures?
na consoante?
no poço?

Um pouco fica oscilando
na embocadura dos rios
e os peixes não o evitam,
um pouco: não está nos livros.


De tudo fica um pouco.
Não muito: de uma torneira
pinga esta gota absurda,
meio sal e meio álcool,
salta esta perna de rã,
este vidro de relógio
partido em mil esperanças,
este pescoço de cisne,
este segredo infantil...
De tudo ficou um pouco:
de mim; de ti; de Abelardo.
Cabelo na minha manga,
de tudo ficou um pouco;
vento nas orelhas minhas,
simplório arroto, gemido
de víscera inconformada,
e minúsculos artefatos:
campânula, alvéolo, cápsula
de revólver... de aspirina.
De tudo ficou um pouco.

E de tudo fica um pouco.
Oh abre os vidros de loção
e abafa
o insuportável mau cheiro da memória.

Mas de tudo, terrível, fica um pouco,
e sob as ondas ritmadas
e sob as nuvens e os ventos
e sob as pontes e sob os túneis
e sob as labaredas e sob o sarcasmo
e sob a gosma e sob o vômito
e sob o soluço, o cárcere, o esquecido
e sob os espetáculos e sob a morte escarlate
e sob as bibliotecas, os asilos, as igrejas triunfantes
e sob tu mesmo e sob teus pés já duros
e sob os gonzos da família e da classe,
fica sempre um pouco de tudo.
Às vezes um botão. Às vezes um rato.

lunes, 28 de mayo de 2007

Barajas, T4


Barajas, T4
Originally uploaded by Suso Rubio

Encántame como a luz entra en esta estructura de Santiago Calatrava, mágoa non dar reflexado como as cores vanse quentando acompañando á fuga de liñas.

miércoles, 23 de mayo de 2007

Poética de Nebulosas. Exposición de Carmen Llonín


Carmen Llonín autora polifacética e residente en Valadouro, sobre todo cando precisa traballar na súa arte, presenta no Centro Cultural de Cervo (Lugo) a exposición Poética de Nebulosas na que artista lucense articula elementos da natureza para convertilos en obras de arte vivas onde as texturas de follas, pedras, turbas, madeiras queimadas, adobe, etc son protagonistas. Se vivides na Mariña ou perto recoméndovos á visita que podedes completar cunha visita á fábrica de Sargadelos, en calquera caso tedes unha notiña na Revista Búsola

viernes, 18 de mayo de 2007

"Mi madre era una mujer hermosa" (Meu país non tanto)


Pois parece que hai no mundo da viñeta unha xeración de autoras novas que empregan a banda deseñada para facer un retrato social, político e mesmo a súa vivencia autobiográfica en sociedades tan opresoras e negadoras de dereitos como o Irán de Marjane Satrapi o a Sudáfrica dos anos do apartheid que lembra Karlien de Villiers e que aparece hoxe reseñado en Diario de Tebeos do suplemento de El País, EP3. Karlien relata nunha serie algo fracturada narrativamente, os recordos, dúbidas e interrogantes que lle suxeria a visión dun país dividido en dúas clases, a dominante raza branca e a oprimida e maioritaria raza negra. Unha lectura moi interesante que vos recomendo e tedes á vosa disposición en Ediciones Glénat baixo o título "Mi madre era una mujer hermosa"

lunes, 14 de mayo de 2007

A voz dos nosos escritores


Un dos proxectos máis interesantes que levamos adiante na Casa da Cultura do Concello do Valadouro no 2006 (aínda que inconcluso) foi un montaxe feito coa gravación da propia voz dos escritores lendo os seus relatos escollidos e engadindo unha banda sonora para crear ambientación. O placer, esta vez escoitando, as voces firmes, sonoras, persoais e pegadas á terra e as súas lendas de Manuel Lourenzo, Xesús Pisón e Isaac Ferreira lendo os seus Contos do Valadouro e a nova voz da Diana Mandiá invitada a este convite audio-literario.

Mercau ecolóxicu, artesanu y de comerciu xustu.


Pois como vedes polo título da entrada, estiven en Asturias o fin de semana e tivemos a ocasión de visitar e comprar nos numerosos postos deste Mercau, estabelecido na Plaza Mayor do concello xixonés. Entre os obxectivos que perseguen o colectivo do Comerciu Xustu, están a reconsideración do comercio mundial nas relacións norte-sur, a mellora dos estándares de condicións laborais e sociais dos traballadores do terceiro mundo e a aposta pola soberanía alimentaria dos paises e a agricultura ecolóxica.

jueves, 10 de mayo de 2007

Os deliciosos libros Taschen


Acaba de chegarme o catálogo de primavera de Taschen e a verdade é como unha caixa de bombóns forrestgumpiana, nunca sabes con que te vas a atopar, porque nunha páxina está Koons, noutra un libro sobre as fotografías máis provocativas do mundo (e ese é un criterio amplo no mundo Taschen), sigue cun monográfico sobre Calatrava, considerado un dos mellores arquitectos do mundo ou un sobre o pintor Diego Rivera. A verdade apetece gastarse o salario dun mes nos centos de títulos que abrangue este catálogo pero como non estou bastante tolo como para facelo, quédome con este, The Spirit of Berlín, sobre a capital alemana, con fotografías dende finais do XIX ata hoxe, asinadas por xente como Cartier-Bresson, Robert Capa ou Helmut Newton, ademais de notas apuntadas por coñecedores desta fascinante e camaleónica cidade, como Marlene Dietrich, David Bowie, Billy Wilder,etc. Editado co estilo, calidade e elegancia propio de Taschen, unha verdadeira "delicatessen" cultural.
Podes saber máis desta editorial e o seu fundador nesta entrada de
Papel en blanco

lunes, 7 de mayo de 2007

Shortbus e a súa etiqueta de provocación


Shortbus. (2006) de Cameron Mitchell non é unha película convencional, calquera comentario, crítica ou reseña vai acompañado da etiqueta de "sexo explícito", de feito os críticos norteamericanos considerana a película máis forte en canto o contido sexual fora da industria pornográfica. A través deste filme de historias cruzadas que desembocan no local Shortbus na cidade de New York, o sexo faise omnipresente e intenso dun xeito pouco acostumado nunha cinta comercial: felacións, masturbacións, tríos, orxías, etc rodadas con claridade e sen ningunha inhibición.
Pero teño a sensación de que en ese sexo que impregna cada escena, ten máis de recurso narrativo que de técnica efectista para chamar a atención do público.
O sexo como parte importante da vida pero non máis ca vida mesma...como na paradóxica Sofia terapeuta sexual que non pode disfrutar da plenitude sexual na relación co seu home e que busca ser feliz sen restriccións, ou de Severine, dominatrix e fotógrafa amateur cunha personalidade case autista, polo menos socialmente e que non atopa a súa verdadeira identidade, ou os James e Jamie, unha parella homosexual na que Jamie se sinte insatisfeito e baleiro sen poder definir os seus sentimentos.

Pero pese a todo a etiqueta de "sexo explícito" imporáse a calquera outra consideración que se faria dunha película de semellante plantexamento pero sen sexo explícito e eu creo que refrescante que haxa películas como Shortbus, onde o sexo sexa abordado con naturalidade e certa delicadeza. Non porque o sexo non debe ser agresivo necesariamente, pero si porque non é habitual esa abordaxe dunhas relación mostrándose naturais, moi realistas, mesturada con sentimentos, frustracións, debilidades e porque non romanticismo.

Todo en un naïf e histriónico New York como casa común das personaxes de Mitchell.
Cuestión de etiquetas, poñamos outra "Sexo en New York", así xa soa menos explícito non?

domingo, 6 de mayo de 2007

Programa OMIX 60

Este é un exemplo do programa que fago en Radio Valadouro, OMIX 60. Humor, información xuvenil, música, novas culturais, sorteos e participación dos rapaces nunha hora de duración, 60 minutos, en definitiva OMIX 60. O programa do 4 de maio de 2007, tivo un invitado especial, Marcel, un veterano motero francés que vive en Huelva hai 20 anos. Contounos moitas cousas desa paixón das dúas rodas que viven tantos afeccionados e que en Valadouro ten esa cita especial o primeiro fin de semana de maio.

Archivo del blog