lunes, 7 de mayo de 2007

Shortbus e a súa etiqueta de provocación


Shortbus. (2006) de Cameron Mitchell non é unha película convencional, calquera comentario, crítica ou reseña vai acompañado da etiqueta de "sexo explícito", de feito os críticos norteamericanos considerana a película máis forte en canto o contido sexual fora da industria pornográfica. A través deste filme de historias cruzadas que desembocan no local Shortbus na cidade de New York, o sexo faise omnipresente e intenso dun xeito pouco acostumado nunha cinta comercial: felacións, masturbacións, tríos, orxías, etc rodadas con claridade e sen ningunha inhibición.
Pero teño a sensación de que en ese sexo que impregna cada escena, ten máis de recurso narrativo que de técnica efectista para chamar a atención do público.
O sexo como parte importante da vida pero non máis ca vida mesma...como na paradóxica Sofia terapeuta sexual que non pode disfrutar da plenitude sexual na relación co seu home e que busca ser feliz sen restriccións, ou de Severine, dominatrix e fotógrafa amateur cunha personalidade case autista, polo menos socialmente e que non atopa a súa verdadeira identidade, ou os James e Jamie, unha parella homosexual na que Jamie se sinte insatisfeito e baleiro sen poder definir os seus sentimentos.

Pero pese a todo a etiqueta de "sexo explícito" imporáse a calquera outra consideración que se faria dunha película de semellante plantexamento pero sen sexo explícito e eu creo que refrescante que haxa películas como Shortbus, onde o sexo sexa abordado con naturalidade e certa delicadeza. Non porque o sexo non debe ser agresivo necesariamente, pero si porque non é habitual esa abordaxe dunhas relación mostrándose naturais, moi realistas, mesturada con sentimentos, frustracións, debilidades e porque non romanticismo.

Todo en un naïf e histriónico New York como casa común das personaxes de Mitchell.
Cuestión de etiquetas, poñamos outra "Sexo en New York", así xa soa menos explícito non?

No hay comentarios:

Archivo del blog