jueves, 23 de junio de 2011

Falemos de tapas


Falemos de tapas.
Sihomesi.
Non estaremos a sobrevalorar as tapas?
Non, as tapas son de vital importancia.
Vamos de viños.
...e tapas.
O síndrome de "a palo seco"?
Efestivamente.
Todo ten que ter un equilibro.
O Yin e o yang.
A letra e a música.
O viño e a tapa!
Equiliquá! tamén pode ser cervexa?
Sihomesi...calquera bebida: cervexa, viño, auga...
leite?
Nonhomenon, o leite é viscoso de máis paraquesegunquetapas.Sabe que facemos meu amigo e eu? asexamos, merodeamos polas fiestras dos bares a ver se hai tapas ou non.
A tanto chegades?
a tanto, trátase de ver a presenza de vaixela de tapas no mostrador.
E se non se ve?
non entramos, tomar un viño ou corto sen tapa pode dar pe a un intre de alta tensión emocional e gástrica. Non se pode un arriscar.
Entendo.
Pero os perigos non acaban aqui, unha vez vistas as pezas das tapas, hai que ver a intención do mesero, que din en América.
Intención?
Explícome, pedimos dous viños pero hai que ter moito valor para pedir unha tapa que lembre, é de balde. Unha vez o camareiro escancia os líquidos, iniciase unha conta atrás crucial para o noso cometido...
A tensión da que falaba.
Sactamente. Tácitamente concédese un periodo de cortesía que non debera exceder de 10 minutos nos peores casos. Nese intre diletante, o camareiro pode servir outros clientes, limpar mesas, recoller tazas, todo ese movemento é seguido polos nosos ollos con cada vez máis agoiro. Sobre todo as entradas e saídas da cociña.
Capisco.
O reloxio avanza, as tapas non chegan, a conversa espésase, a cervexa trátase de dosificar na espera do condumio.
E por fin...
Por fin...o camareiro infórmanos do menú tapeador, buf! respiramos, saloucamos case de emoción e a tensión alíviase como brisa no forno.
Un final feliz!
Nones amigo.
non?
Aínda se pode estropear este sano e noble exercicio do tapeo. O camareiro ensina o "muestrario" coma un vello tahur do Missisippi. Eis unha bandexa con pinchos menores como fiames, ovos con pimentón e sardiñas de lata,
Pero...
Pero...despois avísanos das tapas de cociña, o plato forte, vamos:
Ensaladilla, Croquetas, Pulpo a Feira...
Pulpo!
Patacas bravas, Albóndigas, Callos...
Callos!
Xa ve como hai tapas máis populares que outras. Pero siguen os perigos...
Xesús!
A tapa non ofrece o que promete...
Hai máis pataca que polbo, hai máis rebozado que calamar, os callos están frios
Hai tapas que se ofrecen segundo a que cliente...
porque a estes lles ofreceu lagosta con percebes?
Percebes o que digo?
Sim
Non hai tapas suficientes de cada clase!
Da de churrasco só me queda unha...
Pois dame logo unha de chícharos.
A tapa ven confundida...
De quen é esta de caracois?
A tapa non ten pan...
esaxera mon ami!
A tapa tarda de maís...
O último grolo e agora "a palo seco"!!
Xa ve, meu.
Imos de tapas?
Imos, pero péguese ao vidro, querido, e faga sombra coas mans, mire se hai atrezzo de pinchos nas mesas.
Pero se pon un cartel grande: Bar Manolo, Viños e Tapas!
Publicidade enganosa, compañeiro, quere que lle conte dos perigos do tapeo?

Archivo del blog