sábado, 28 de julio de 2007

Ritmos e Melodías. Episodio 3 (Música Galega)

Non só de folk vive a música galega: ska, funky, hip hop, jazz, etc. son xéneros abordados por grupos con denominación de orixe galega.

martes, 24 de julio de 2007

Series de TV. Calidades non aprezadas

Vivimos nun momento de efervescencia de series de ficción americanas cun nivel medio de calidade pouco frecuente anos atrás. As series deron o salto dende as canles especializadas, que só se podian ver por satélite, ás cadeas xeralistas. Aclarando que non podo ver a Sexta, agora mesmo vexo títulos como A dos metros bajo tierra orixinal enfoque das historias de relacións de parellas con tensión dramática e realista
contrapunteada cun humor negro sabiamente dosificado e irónico. Nip/Tuck serie emitida na TVG que reflexiona, con cinismo e historias absurdas e surrealistas, sobre as
obsesións estéticas de América, algo irregular, algún capítulo brillante (o episodio da obesa mórbida) ao lado de varios erráticos e ata mediocres; House que calou con impacto por ese novidoso estilo de protagonista cabrón-arrogante-sen-tacto que lle deu un sorprendente xiro ás series de médicos co seu carismático e tolleito doctor, ritmo e diálogos ben construidos nunha serie que ten que esgotarse por pura lóxica. Sin Rastro que se ben empezou aceptable na primeira tempada, agora cae ata audiencias de 10%, é o exemplo paradigmático de serie exitosa en EEUU que é pouco aprezada en España por multiples razóns. Hai pouco puxeron un episodio especialmente brillante desta produción titulado "Un día inolvidable" no que a marabillosa actriz Laurie Metcalf e Matt Craven facían dos pais dun rapaz desaparecido. Este capítulo especial cambia de xeito revolucionario a óptica da narración, trasladando o protagonismo aos pais do desaparecido. Os familiares axentes do FBI, ollámolos a través da ollada individual e alternativa do pai e a nai, o equipo que encabeza Malone, vémolos inquisitores, agresivos, frios, desconfiados. O mesmo pasa coas instalacións do FBI, semellan ante os desesperados pais como un contorno inhóspito, estraño, engañoso, onde eles parecen os sospeitosos por veces. Nunca se ve falando aos policias nun plano separado, só vemos o que ven os pais, policias en conversacións secretas e inaudibeis, mesmo na xenial secuencia final na liberación do rapaz que o matrimonio sigue nun coche patrulla. Un experimento moi interesante da inversión dos recursos e técnicas narrativas que se empregan nun produto audiovisual e o seu efecto na lectura final.

viernes, 13 de julio de 2007

Conferencia de Miguel Vila no Berce das Orixes

Ahi vai o audio da exposición de Miguel Vila. Hai que ter en conta que a fonte era unha gravadora na mesa e que o conferencia contaba con soporte audiovisual polo que hai partes que poden quedar algo confusas sen a axuda das imáxenes. A presentación do acto foi feita por Lionel Reges, un dos directivos da Liga Céltiga Galaica.

Día Grande da Cultura no Valadouro


O pasado 8 de xullo foi un día de alta intensidade cultural no Valadouro. A AELG fixo unha homenaxe ó noso mito vivo, Manuel Lourenzo que foi glosado xustamente nas fermosas liñas da laudatio de Henrique Rabuñal:
Leva case medio século sendo carne e mente lúcida do teatro galego desde todas as posicións. O teatro que el profesa e predica permítenos gozar da escrita, da recepción e da profunda creatividade que encerra o xogo dramático.
O descubrimento dunha pedra escultórica,a plantación dun érbedo, árbore simbólica do autor e o nomeamento da Casa da Cultura co seu nome, foron varios dos actos dese día memorabel na historia do Valadouro.
Pola tarde a Liga Céltiga Galaica organizou uns econtros para o debate sobre a emigración e o retorno dos emigrados, xornada na que salientou a autorizada voz de Miguel Vila, xornalista sobradamente coñecido na rede cun dos blogues máis visitados en Galicia (do que pouco poido dicir eu neste humilde espazo). El mesmo foi fillo da emigración, concretamente en Cuba, e que nos falou entre outras cousas da "Sociedad Valle de Oro" institución filantrópica que axudaba a mellorar as condicións de vida dos seus paisanos no val e dos mesmos galegos en Cuba.
Non sería mala cousa seguir o consello de Miguel sobre a axuda ós que nos axudaron no pasado.
Deixovos unha gravación da exposición de Miguel Vila na que tedes que perdoar os problemas de son pero que é unha valiosa testemuña da xornada Os Berces da Orixe

martes, 10 de julio de 2007

xuventude: ilusión, enerxía e inocencia

Eu sei que eu posso até ser
O que eu nunca sonhei
Eu sei que eu posso fazer
O que ninguém jamais fez
Sei também não fiz tudo
Que eu queria fazer

Não acredito mais em quase nada
Não acredito mais quase ninguém
Mas eu não posso deixar de acreditar em mim

Não acredito mais em quase nada
Não acredito mais em quase ninguém
Mas eu não posso deixar ...
Mas eu não posso deixar ...

Miname o peito a saudade
Haverá maior tormenta
ou un veneno máis lento
Que turva a felicidade
Que vence a própia verdade
Que quase nos mata enfim?

Este que me fere a min
Foi causado pela sorte
Foi cavado pela morte
Não posso viver assim

Ilusión, enerxía e inocencia (pode que tamén rebeldía e un romanticismo idealista) son virtudes que poden unir a unhas mozas xemelgas cantantes de pop-rock do século XXI e un adolescente de 13 anos de 1903 que choraba a morte da súa media-irmá. Uns versos doentes e chorosos que se mesturan salvando distancias de séculos nuns sentimentos inmutabeis.(Ksis e ...Fernando Pessoa)

viernes, 6 de julio de 2007

Revistas

Xa me chegaron ó traballo os dous novos números de dúas revistas galegas de cultura. Unha, lanzamento e primeiro número da ag publicación editada polo Foro Galego do Audiovisual que pretende a dinamización cultural e industrial deste colectivo. No consello de redacción figuran nomes coñecidos como Miguel Anxo Fernández , Eduardo Galán, Jaime Pena, xente relacionada coa prensa ou con institucións divulgadoras da imaxe como o CGAI. O primeiro que sorprende é unha orixinal embalaxe con forma de claqueta de cine, unha vez aberta, vemos artigos da ubicua Yolanda Castaño, do non menos presente Xosé Carlos Caneiro, o gran Vari Caramés que de imaxe sabe moito, Ángel de la Cruz, citado no post de abaixo, críticos como Wonenburg ou o blogueiro Martin Pawley ou debuxantes como David Rubín. Hai tamén un cara a cara entre Carlos Blanco e María Bouzas, dúas caras coñecidas no audiovisual do país. Inclúe unha entrevista ó "internacional" Luís Tosar, a opinión da industria, crítica, estreas, etc. Todo nun deseño moi atractivo e rompedor.
O estudio de teatro Casahamlet publica o nº 9 da súa revista homónima que está dedicada a ese gran e incomparable sentimento que é o amor. Xesús Pisón que estivo a un intre de ser Premio Nacional de Literatura Dramática, deseña unha capa que da paso a clásicos colaboradores como Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo, Henrique Rabuñal o propio Xesús Pisón e outros como Jacobo Paz, Yolanda Castaño, Heidi Künh-Bode, etc. Dirixe este imprescindibel título sobre o teatro galego Francisco Pillado e deseña Miguelanxo Varela.

lunes, 2 de julio de 2007

Rinlo, unha tormenta desexada


Se no medio dunha galerna cantábrica, unha parella se desviase cara a Rinlo, un pequeno e encantador pobo mariñeiro perto de Ribadeo, poderia dar comezo unha historia fascinante de intriga ou terror. Por esas localizacións tan especiais e fascinantes Ángel de la Cruz rodará OS mortos van ás présas despois dos lamentabeis problemas de financiación con Dygra que son paliados agora pola entrada da TVE. En Rinlo ten tamén sona o arroz caldoso que se serve na Cofradía de Rinlo que é un dos grandes reclamos do lugar. Xa imaxinades pola imaxe que sabor ten o prato...ademais dos bos lubrigantes, lagostinos, etc. Non puiden saudar a Gerardo, dono do local que segundo me dixeron estaba derrengado porque foi fin de semana de festas rinlegas e o home organizou unha festa house. Tradición e modernidade collidas da man na tormentosa beleza de Rinlo.

Archivo del blog