miércoles, 28 de noviembre de 2007

Lembrando a Fernández Mato

Probablemente non existe unha personalidade tan ilustre e fascinante que este vencellada co Valadouro como Ramón Fernández Mato. É certo que Don Ramón non naceu neste val pero de aqui era oriundo o seu pai e a súa dona, aqui pasou días felices e finalmente foron estas terras o derradeiro descanso, tumba , curiosa e paradóxicamente anónima, dada a popularidade, sonoridade e relevancia que tivo a súa biografía.

Ramón Fernández Mato veu ao mundo en 1889 en Cespón, parroquia do Concello de Boiro e dende novo sobresaiu entre os seus contemporáneos polo seu talento e luminosa seducción.
A súa vida é testemuña chave dos grandes acontecementos que sacudiron Galicia e España da primeira metade do século XX.

Amigo persoal de Castelao e Valle Inclán, tío de Manuel María, agrarista con Basilio Álvarez, xornalista adiantado a seu tempo creando un dos xornais máis avanzados da súa época: El Pueblo Gallego, Figura destacada na II República nos gabinetes de Lerroux, Portela Valladares e Casares Quiroga, con cargos de alta responsabilidade sempre resoltos can grande éxito nunha época convulsa na que os movementos sindicais e anarquistas constituían un reto ingobernable.

Fernánde Mato é un gran esquecido que puido ser obxecto de homenaxes, placas e bautizo de centros educativos ou rúas, ademais de protagonista de publicacións reivindicadoras da memoria histórica. Pero o destino proveeu para el un papel menos heroico e unha morte tranquila e felizmente retrasada ata os 91 anos.

Cunha vontade claramente reparadora e reivindicadora da traxectoria do escritor, político e xornalista boirense, está editado un libro “Lembrando a Ramón Fernández Mato” polo Concello de Boiro dentro da colección Cadernos Culturais dedicados a persoeiros relevantes dentro do concello barbanzán. Detrás desta publicación está a ASociación Cultural O Faiado-2 que fixo todo o traballo de coordinación e recompilación para compoñer nun collage verdadeiramente interesante de anacos da vida e obra ademais de comentarios e artigos desta privilexiada figura, valadourense de adopción.
Nesta suma de achegamentos á vida prolixa e aventureira de Fernández Mato é gratificante que non se aborde nun ton panexírico tan propio do xénero, pois trátanse con absoluta liberdade as sombras e claroscuros do boirense, destacando tres marcadas reprobacións: a “fuga” do político republicano iniciado o Alzamento, a haxiografía dedicada ao dictador domicano Trujillo e o regreso a España no franquismo, “acomodándose ao réxime”.
Destas tres, a primeira e a segunda parénceme moi doadas de analizar agora nun clima social de paz e democracia consolidada onde (case) calquera opinión pode ser vertida. Fernández Mato que ao igual que o seu amigo Castelao estudou medicina, ofreceu os seus servizos á República, acto polo que recibiu parabéns por parte do Ministerio de Guerra, logo, moi pronto, escaparía a América, via Francia. Para Xosé Barreiro Fernández, Presidente da Real Academia Galega e prologuista do libro, non lle parece motivo suficiente que temese pola súa vida debido a posibles represalias do anarco-sindicalismo que circulaba polas rúas dese caótico Madrid do 36. Fora xustificado ou non, outros dirixentes republicanos de máis grado así como intelectuais colleron o mesmo vieiro, o propio Castelao no 1938. Dende logo era unha personalidade adaptable ao terreo máis que ás coherencias ideolóxicas, como o demostra os servizos prestados ao impresentable, corrupto e cruel dictador dominicano.
A un encendido defensor da república e de ideais de xustiza, igualdade e liberdade doe velo “transfigurado” nun sistema aniquilador deses principios e dos maís fundamentais dereitos humanos.
É comprensible pois que lle resultara máis doado retornar á España franquista e demostrar a conversión daquel antiguo idealista ao referido statu quo.

O que é obvio é que Ramón Fernández Mato, anecdótico presidente do RC Celta, Presidente de Mérito do Centro Gallego de Madrid, membro da Real Academia Gallega, tivo unha vida fascinante, rica e contradictoria que seguro pecha secretos trascendentes xa que alí onde foi sempre se converteu nun protagonista notable e influínte.

De xeito insólito e posiblemente moi ignorado aqui ten a súa tumba anónima, supoño que debido a unha decisión familiar, un pouco estrana pero na que non entro a valorar.
Como articulista da revista Cultura Gallega que se editaba en La Habana, titula un artigo referido á nosa terra como “El Valle de Oro, Solar de Hidalguía” na que fai unha viva defensa da honorabilidade dos fillos do val, inxustamente estigmatizados por séculos como traidores de Pardo de Cela.
Para este home cosmopolita e bohemio que viviu en sitios tan dispares como Cuba, Venezuela, Arxentina, México, Estados Unidos, etc sempre gardou nun recanto privilexiado da súa alma a lembranza deste verde val.

El Valle de Oro forma parte de mi alma, ya como una proolongación de mi espíritu, está incluído en ese mapa recóndito que hay trazado en todos los corazones para fijar algo así como la geografía sentimental, de cada hombre, de cada vida

Cunha vontade claramente reparadora e reivindicadora da traxectoria do escritor, político e xornalista boirense, está editado un libro polo Concello de Boiro, “Lembrando a Ramón Fernández Mato”, dentro da colección Cadernos Culturais dedicados a persoeiros relevantes dentro do concello barbanzán. Detrás desta publicación está a ASociación Cultural O Faiado-2 que fixo todo o traballo de coordinación e recompilación para compoñer nun collage un tanto caótico pero verdadeiramente interesante, anacos da vida e obra ademais de comentarios e artigos desta privilexiada figura, valadourense de adopción.

Nesta suma de achegamentos á vida prolixa e aventureira de Fernández Mato é gratificante que non se aborde nun ton panexírico tan propio do xénero, pois abordánse con absoluta liberdade as sombras e claroscuros do boirense, destacando tres marcadas reprobacións: a “fuga” do político republicano iniciado o Alzamento, a haxiografía dedicada ao dictador domicano Trujillo e o regreso a España no franquismo, “acomodándose ao réxime”.
Destas tres, a primeira e a segunda parénceme moi doadas de analizar agora nun clima social de paz e democracia consolidade onde (case) calquera opinión pode ser vertida. Fernández Mato que ao igual que o seu amigo Castelao estudou medicina, ofreceu os seus servizos á República, acto polo que recibiu parabéns por parte do Ministerio de Guerra, logo, moi pronto, escaparía a América, via Fracia. Para Xosé Barreiro Fernández, Presidente da Real Academia Galega e prologuista do libro, non lle parece motivo suficiente que temese pola súa vida debido a posibles represalias do anarco-sindicalismo que circulaba polas rúas dese caótico Madrid do 36.Fora xustificado ou non, outros dirixentes republicanos de máis grado así como intelectuais colleron o mesmo camiño, o propio Castelao no 1938. Dende logo era unha personalidade adaptable ao terreo máis que ás coherencias ideolóxicas, como o demostra os servizos prestados ao impresentable, corrupto e cruel dictador dominicano.
A un encendido defensor da república e de ideais de xustiza, igualdade e liberdade doe velo “transfigurado” nun sistema aniquilador deses principios e dos maís fundamentais dereitos humanos.
É comprensible pois que lle resultara máis doado retornar á España franquista e demostrar a conversión daquel antiguo idealista ao referido statu quo.

O que é obvio é que Ramón Fernández Mato, anecdótico presidente do RC Celta, Presidente de mérito do Centro Gallego de Madrid, membro da Real Academia Gallega, tivo unha vida fascinante, rica e contradictoria que seguro pecha secretos trascendentes xa que alí onde foi sempre foi un protagonista notable e influínte.

De xeito insólito e posiblemente moi ignorado aqui ten a súa tumba anónima, supoño debido a unha decisión familiar, un pouco estrana pero na que non entro a valorar.

Como articulista da revista Cultura Gallega, titula un artigo referido á nosa terra como “El Valle de Oro, Solar de Hidalguía” na que fai unha viva defensa da honorabilidade dos fillos do val, inxustamente estigmatizados por séculos como traidores de Pardo de Cela.
Este home cosmopolita e bohemio que viviu en sitios tan dispares como Cuba, Venezuela, Arxentina, México, Estados Unidos, etc sempre gardou nun recanto privilexiado da súa alma a lembranza deste verde val:

"El Valle de Oro forma parte de mi alma, ya como una prolongación de mi espíritu, está incluído en ese mapa recóndito que hay trazado en todos los corazones para fijar algo así como la geografía sentimental, de cada hombre, de cada vida".

sábado, 10 de noviembre de 2007

Nova temporada do magazine de Radio Valadouro: Son Vidas


Estreo unha pequena sección centrada na búsqueda de webs orixinais e interesantes do ciberespacio. Lola fala das vellas costumes, Julio Márquez nos conta cousas sobre El diario de Bridget Jones de Helen Fielding que deu orixe á película homónima e Susana Fernández nos explica dende a súa butaca cinéfila, aspectos interesantes dunha parte dos filmes a veces esquecida ou ignorada pero con moito que dicir: os créditos...e por suposto moitas cousas máis.

Archivo del blog