viernes, 4 de junio de 2010

Batalla en el cielo


Imaxinemos que non sabemos nada, que non coñecemos ao director nin ao seu estilo, que non vemos os soltos da rede sobre o proxecto, a historia, o impacto e a polémica.
Tan só leremos a película, deixarémonos conducir a un privilexiado punto de vista. Punto íntimo e subxectivo, visceral e simbolista. Unha ollada agresiva que non exhibe, tan só non agocha.
O instinto é primario e determinante nun estreito círculo de culpa, sexo e morte. O chófer-personaxe que é chofer-persoa, o mestizo que ocupa o seu lugar nun México de ricos degradados e pobres envilecidos.
Cada párrafo da cinta se detén nunha percepción rítmica e monocorde que abre en angular alumando un contexto(os espertadores no posto da muller). As impresións quedan fixadas na retina con fogonazos de magnesio: un embigo contemplado por un ancián na cadeira de rodas, un metal que bate implacable na cruz dun peculiar calvario para expiar a culpa, A fe cega e estridente como único vieiro para a inmolación, a masturbación bizarra ao gañar o seu equipo a liga...
A fotografía sobreexposta e e de cores lavada é unha luz cegadora que fai chiscar os ollos de Marcos máis dunha vez e que ambienta un curioso equilibrio entre realismo sucio e onirismo máxico.
Hai sexo que supera o erotismo finxido e de coreografía. Aqui como en Shortbus a historia se impón sobre etiquetas. Sinxelamente porque debe asumirse o sexo así, como un elemento máis, máis real cen veces que o erotismo soft ou o porno hardcore.
O desafío empeza desde o inicio. Unha obertura limpa, iluminada e progresiva dunha felación (mamada)é unha aposta de tequila doble para o cinema convencional.
E ao final o círculo péchase e o pracer ou simple afecto entre señorita e criado resólvese cunha ruptura sanguinosa, instintiva e inexplicable...
Estupenda literatura visual (cine) cunha visión persoal e atrevida.

Nota
Batalla en el Cielo é unha película mexicana do 2005, dirixida por Carlos Reygadas e protagonizada por Marcos Hernández

Archivo del blog