viernes, 10 de octubre de 2008

Frédéric Boilet , o mangaka europeo


Un título divertido que agocha unha pequena xoia, tan simple e elegante como un embigo. Frédéric Boilet desenfía este embigo nun monólogo detallista e levemente obsesivo, ambientando unha rutina sentimental serena, esperanzada e sumisa pero batallada paso a paso. No seu ritual documentalista para reconstruir os encontros con Yukiko, sobre un sustrato bio-foto-gráfico, a sensibilidade,o ritmo narrativo e a precisión con que Boilet alude á moza son algunha das chaves da forza expresiva desta obra e do partido que se lle pode sacar a arte da BD.
É doado identificarse con esa historia de amor perdida de antemán nun tempo de felicidade pactado que nunca será suficiente. Frédéric asume un punto de vista subxectivo moi literal axeitado para suliñar a autenticidade do relato e a transparencia sentimental que o lector non dubida en adoptar, namorándose de Yukiko e celebrando/sufrindo cada centimetro de conquista ou perda sobre a moza da camiseta a raias.

Archivo del blog