


Foi tamén unha colección de olladas diversas e fermosas, Jesús Amor, xeometría, serena e retranqueira...Noemí cun mirar vivo, áxil, vixiante de soños...Carmen Dor de ollos mariños, profundos que conducen unha voz de maré viva e fiestras revoltas por tormentas...Isidro Novo que fita dende a bitácora ante furiosas ondas e versos verquidos con enerxía...os títeres de Spaghetti con ollada escura de soño e pingueiras con ritmos divertidos.
..E finalmente a ollada do público, recíproca e cómplice que é a capa, contracapa e única encadernación desta revista oral. Vivencias, como dicia Carmen Lago, xerente da Rede Museística, que desaparecen cando se corre o telón e se oscurece o Museo. Da un pouco de pena que teña que concluir esta xoia efímera pero aínda queda a nosa memoria, máis duradeira que a luz da pantalla ou o papel...unha revista de olladas e voces eternas, o soño de calquera editor.
2 comentarios:
Ola suso!!
Son Noemí, a moza de Rupi.
Era para comentarche que cando teñas un ratiño libre te pases polo meu blog: http://www.lacoctelera.com/la-claqueta
Fariame ilusión que me deixaras algún comentario.
De paso, aproveito para decirche que tes un blog excelente.De cando en vez fago unha visita e pareceme xenial.
Saudos.
fai algun tempo coñecin aqui en Bos Aires a Carme Dor e esa voz única e poderosa que ten. Estaba eu co meu fillo que non deixou de bailar mentres ela cantaba e emocionabanos a todos. Ainda hoxe, cando imos ao mesmo sitio, o neno pregunta se vai estar alí "la señora que canta". É sabido que os nenos son sabios...
Publicar un comentario