martes, 11 de marzo de 2008

Porque te molestaches! (%$>@)

A deliciosa rainha vermella honrame cun meme-agasallo que por suposto cumplimento con dilixencia.

Unha garavata branca cun logo dun lagarto negro, non acostumo a usar garavatas pero brancas e con lagarto, lagarto! menos.

Unha máquina de fotos que me regalou miña tía (tiña unha tenda e veulle nunha promoción de deterxentes) que parecía feita por alumnos de tecnoloxía da ESO, viase parte do obxectivo no visor.

Unha vieira de recordo dunha vila mariñeira escrita con rotulador barato

Bombóns agusanados, unha escena de terror na hora do café.

Unha canastra chantada nun eucalipto moi “ecolóxica” e situada nun prado costa arriba, perfecta para un baloncesto imposible (agasallo do meu pai)

bicos e bos presentes

5 comentarios:

A Raíña Vermella dijo...

A garavata co lagarto non me parece tan mal agasallo, seguro que lle atopas un look. A cámara de fotos, si :p

ak dijo...

polo menos era umha vieira, eu lembrome dumha pedra, co nome dun lugar canario penso, e a tinta borrabase
a garavata lacoste seguro que e chula ( ainda que eu nom uso)
saudos

Mario dijo...

Puagh, o dos bombóns con vermes é dos piores que vin até agora.

O pastor eléctrico dijo...

Ugh! O dos bombóns é de peli gore. A min gústame esa ide do baloncesto extremo. Igual tiña saída nnha canle de pago.

torredebabel dijo...

se cadra hai agasallos malos e se cadra tamen os hai fabulosos. Pero tamén están esas cousas sen valor nin mérito que moito queremos polo que representan ou pola persoa que nolas deu, e esas pezas costosisimas e valiosas que non nos importan nada. Neste asunto, en definitiva, o obxecto é o de menos.

Archivo del blog