viernes, 6 de julio de 2007

Revistas

Xa me chegaron ó traballo os dous novos números de dúas revistas galegas de cultura. Unha, lanzamento e primeiro número da ag publicación editada polo Foro Galego do Audiovisual que pretende a dinamización cultural e industrial deste colectivo. No consello de redacción figuran nomes coñecidos como Miguel Anxo Fernández , Eduardo Galán, Jaime Pena, xente relacionada coa prensa ou con institucións divulgadoras da imaxe como o CGAI. O primeiro que sorprende é unha orixinal embalaxe con forma de claqueta de cine, unha vez aberta, vemos artigos da ubicua Yolanda Castaño, do non menos presente Xosé Carlos Caneiro, o gran Vari Caramés que de imaxe sabe moito, Ángel de la Cruz, citado no post de abaixo, críticos como Wonenburg ou o blogueiro Martin Pawley ou debuxantes como David Rubín. Hai tamén un cara a cara entre Carlos Blanco e María Bouzas, dúas caras coñecidas no audiovisual do país. Inclúe unha entrevista ó "internacional" Luís Tosar, a opinión da industria, crítica, estreas, etc. Todo nun deseño moi atractivo e rompedor.
O estudio de teatro Casahamlet publica o nº 9 da súa revista homónima que está dedicada a ese gran e incomparable sentimento que é o amor. Xesús Pisón que estivo a un intre de ser Premio Nacional de Literatura Dramática, deseña unha capa que da paso a clásicos colaboradores como Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo, Henrique Rabuñal o propio Xesús Pisón e outros como Jacobo Paz, Yolanda Castaño, Heidi Künh-Bode, etc. Dirixe este imprescindibel título sobre o teatro galego Francisco Pillado e deseña Miguelanxo Varela.

3 comentarios:

Elianinha dijo...

Pois non caeu polas miñas mans a Casa Hamlet, pero si a revista do Audiovisual Galego (por motivos persoais, visibles no artigo sobre o festival de Cans), e coincido contigo. É unha revista moi atractiva, en canto a deseño e en canto a contido. Algo se move, polo menos.

Marinha de Allegue dijo...

Ainda non tiven o gusto de topar con ela...

Unha aperta.
;)

Anónimo dijo...

pois eu creo que o do foro do audiovisual parece outra escusa para dar postos de traballo inútiles. pero vósa sabedes a cantidade de asociacións creadas para o medio? axencia galega do audiovisual (a única que está a mudar cousas para ben); film comision; agapi; AVG; cluster audiovisual galego; aega... isto parece de risa. tanta historia e despois os filmes que se fan aquí non hai quen os vexa, nin quen os venda. e siguen a facer películas os mesmos de sempre, coa calidade de sempre. só me queda a esperanza das novas promesas. mais, na maioría de todo ese entramado de asociacións que chupan das suvencións non creo moito. tivo que vir pablo etcheverry a facer as súas curtas en plastelina para que aprendéramos da lección. traballando na súa casa mil anos, ate que confiaron nel. e, claro, chano piñeiro. dá que pensar...

Archivo del blog