
Pois parece que hai no mundo da viñeta unha xeración de autoras novas que empregan a banda deseñada para facer un retrato social, político e mesmo a súa vivencia autobiográfica en sociedades tan opresoras e negadoras de dereitos como o Irán de Marjane Satrapi o a Sudáfrica dos anos do apartheid que lembra Karlien de Villiers e que aparece hoxe reseñado en Diario de Tebeos do suplemento de El País, EP3. Karlien relata nunha serie algo fracturada narrativamente, os recordos, dúbidas e interrogantes que lle suxeria a visión dun país dividido en dúas clases, a dominante raza branca e a oprimida e maioritaria raza negra. Unha lectura moi interesante que vos recomendo e tedes á vosa disposición en Ediciones Glénat baixo o título "Mi madre era una mujer hermosa"
1 comentario:
Ehhhhh noraboa polo teu blog, que ben! asi podo lerte de cando en vez. Unha aperta Susiño.
Publicar un comentario