
Acaba de chegarme o catálogo de primavera de Taschen e a verdade é como unha caixa de bombóns forrestgumpiana, nunca sabes con que te vas a atopar, porque nunha páxina está Koons, noutra un libro sobre as fotografías máis provocativas do mundo (e ese é un criterio amplo no mundo Taschen), sigue cun monográfico sobre Calatrava, considerado un dos mellores arquitectos do mundo ou un sobre o pintor Diego Rivera. A verdade apetece gastarse o salario dun mes nos centos de títulos que abrangue este catálogo pero como non estou bastante tolo como para facelo, quédome con este, The Spirit of Berlín, sobre a capital alemana, con fotografías dende finais do XIX ata hoxe, asinadas por xente como Cartier-Bresson, Robert Capa ou Helmut Newton, ademais de notas apuntadas por coñecedores desta fascinante e camaleónica cidade, como Marlene Dietrich, David Bowie, Billy Wilder,etc. Editado co estilo, calidade e elegancia propio de Taschen, unha verdadeira "delicatessen" cultural.
Podes saber máis desta editorial e o seu fundador nesta entrada de
Papel en blanco
2 comentarios:
Concordo. En especial co misturado dos temas.Hai moitos neste lugar. Saude
Mmm. Nos últimos anos os libros de Taschen son mais económicos e, polo menos na área de arquitectura, a súa calidade baixou dramaticamente.
Algúns autores que escreben sobre arquitectura non son arquitectos (hai desde historiadores no mellor caso ate filólogos) e iso nótase en que non hai unha miserábel análise técnica e sobran biografías. Noutras áreas xa non teño coñecemento.
Publicar un comentario