jueves, 13 de marzo de 2014

Papel cor pel 2

info ao pasar o rato sobre a imaxe
...e seguimos coa celebrada entrada de espid@s en cadriños. Póñanse de pé que aqui ven o mestre do cómic erótico, un dos mellores debuxantes do corpo da muller (e excepcionalmente tamén do varón)
Si, adiviñarono, ansioso público: Milo Manara. O italiano tan un talento especial para representar mulleres fermosas, cunha liña limpa, sinxela e a vez sofisticada, propoñendo en cada viñeta un toque de luz e volume segundo as necesidades. O equilibrio das formas, ese auténtico canon Manara, onde modela un arquetipo de muller que parece un desexo perfecto e sensual. As poses sempre mesturan armonía, feminidade  en calquera momento da acción da historia, da igual porque o trazado sempre debuxa unha elegancia intemporal. Pode que Manara falle máis no guión, capítulo que non abordamos aqui pero resolve con acerto cando ten un sustrato bon no que ilustrar o seu preciosista debuxo.


info ao pasar o punteiro sob a imaxe
Pasamos a un autor moi distinto, Jean Pierre Autheman, francés, un autor da BD franco-belga da que coñezo especialmente a serie Condor, traducida ao galego. Un capitán marsellés, que estivo enrolado na Marina, creo lembrar...aínda que sempre se ve arrastrado sin querer a aventuras de espias, traficantes, drogas e moitas máis leas. Autheman elebora uns guións moi coidados que digamos que son historias adultas dirixidas a un público mozo. Hai un pouquiño de sexo, violencia e crime sempre empaquetado en un suave celofán moi colorista. O seu estilo é máis simple, máis minimalista e moi agradable de ver. Os espidos de mulleres digamos que son froitos de clichés recurrentes, mozas desinhibidas, neumáticas como diria Huxley que non posuén o erotismo de Manara pero que che son ben xeitosas. e cubren o seu papel neste BD noire perfectamente.
info on mouse over on a image
Si a muller espida non chama moito a atención en Autheman pola decoración da serie Condor, fixádevos o impacto que debeu ter na xerazón de púberes holandeses que puideron ler entre sabas a serie de Franka, obra de Henk Kuijpers alá polos anos 70-80. Unha heroina pelirroxa que parte dende Amsterdam a aventuras sofisticadas e trepidantes por todo o mundo. Kuijpers é membro da liña clara, ao modo que fai Tintín, recreacións moi detallistas e realistas en paisaxes, cidades, monumentos e un debuxo máis simple e dinámico nas personaxes. Pero volvendo ao lúbrico da idea, neste tipo de historias que poden ir dirixidos a un público infanto-xuvenil, (xa non falamos de Cóndor que xa tería dous rombos), imaxinade o que era atopar as liñas sensuais mesmo agochadamente eróticas que tiña a nosa heroína...buff ! tivo que ser excitante para esa audiencia menos avisada do potencial de Franka.
Pois ata a luxuriosa e última entrada dedicada ao nudismo BD...

2 comentarios:

A Raíña Vermella dijo...

Botamos de menos algo de variedade, tanto no xénero como no modelo de muller representado na BD, incluso cando as debuxantes son mulleres reproducen un canon moi concreto e claramente heteropatriarcal. E bótase de menos un pouco de crítica ao respecto pola túa parte, se mo permites...

Roi Buligan dijo...

Ola moza, encántame que pases por aqui. Moita razón na critica a pesar de que miro máis o estético que o social. Espero che guste máis a derradeira entrega. Por certo estou traballando cun amigo teu nun proxecto que seguro che agrada máis...68 pax de 115 gr. a 4T

Archivo del blog