

A idea de Genovés nestas fotomontaxes é simultanear a cultura e a natureza dun xeito contradictorio. O ser humano crea e consagra espazos, templos relixiosos e artísticos que sobrevivan á vida efímera e a simplicidade do home como individuo.
O sentimento de sacralización, devoción, admiración se confronta en territorios arrasados, precipitados por unha estraña beleza destructiva que anega óperas, bibliotecas e catedrais.
Por unha banda o sublime da natureza humana, e por outra a beleza morbosa da destrucción e da morte sacudindo as convencións da educación social.
O equilibrio é difícil pero o atrevemento de Genovés precipita fascinación e advertencia do que en realidade somos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario