sábado, 21 de noviembre de 2009

Festival de Jazz de Lugo


Cada outono nunha xa longa costume, Lugo se improvisa a si mesma e vibra en ritmos nocturnos no mellor festival de jazz de Galicia. Será polo que sexa pero os soberbios carteis que se programan na capital lucense atopan unha amortiguada repercusión moi ignorada no resto de Galicia.
Eu teño a teoría de que o desleigamento, a soberbia e a subestimación son ladrillos dunha estructura piramidal que sofres e inflixes por igual.
Non se ve esta cita moi sobada por políticos para ben ou sobre todo para mal. Sen rebumbio nin grandes recursos mediáticos unha organización exemplar optimiza a contratación de grupos e solistas de gran nome no planeta jazz.
En Lugo, alleo a circuitos musicais de alto nivel tampouco vai recibir aqui a stars-divas como Diana Krall ou Norah Jones (ela mesma aconsella outras escollas para o jazz) pero pode que a pesar dos seus indudabeis méritos, este Festival non as bote de menos.
Nos escenarios do Círculo de las Artes, Clavicémbalo e Fundación CaixaGalicia escoitamos a grandes figuras de gran habelencia técnica e talento artístico, moldeados en igrexas, coros,academias e centos de garitos con grandes figuras fornecendo o seu crecemento. Sen unha pinga de marketing nin maxia de estudio. Cracks como Kurt Elling, Roy Hargrove ou Wolfang Muthspiel (porque haberá tan bon jazz moderno en centroeuropa?
Escoitei ao trío que lideraba o austríaco nun venres de tormentas, desarmando o expectante silenzo do Círculo cunha dixitación virtuosa que era agradecida por un público emocionado unha e outra vez. Ás portas dun diluvio ameazante aínda se debuxaba nos sorrisos e nas conversas de retirada esa calidez feliz de rematar un tempo colorista e cool. Esa é a maxia do jazz. E foi en Lugo.

foto: www.materialrecords.com

1 comentario:

非凡 dijo...

I'm appreciate your writing skill.Please keep on working hard.^^

Archivo del blog