viernes, 19 de junio de 2009

Cleaner


Cando se fai un thriller tes que respectar certas regras para que o estudio acepte o filme e o público responda, pero se a película non funciona ben na recadación, serás un director mediocre ademais de acomodaticio. Polo tanto hai que ter un fino equilibrio para deixar detalles, resolver con simplicidade e sacar un superficial partido a actores tan solventes como Jackson e Harris.
Pero hai detalles que miden o sentimento (soidade, remorsos), un plantexamento da trama ben exposto, una idea orixinal: o limpador ben recreado na súas rutinas nostálxicas que non pode borrar as manchas da alma…
A pesares da transparencia predecible do rol que xoga Eddie Lorenzo, un agradece que non haxa os xiros envolventes e reiterativos propios deste xénero. Non é una gran película, é una película digna, simple e eficaz.
Cando o director ten que cargar con limpar a súa carreira, moitos non poden afrontalo, quedarse etiquetado como autor de acción e ser un blockbuster, ou gañar a estima dos críticos para algún día oir as fanfarrias e axitar estatuíñas. Pode que este finés aínda nos sorprenda porque hai detalles que merecen a expectativa.

No hay comentarios:

Archivo del blog