miércoles, 31 de diciembre de 2008

Pechamos o 2008


Necesitaba engadir un último post antes de finalizar este 2008, porque aínda que realmente este decembro foi fértil en eventos para abordar neste blog, costoume atopar as palabras ou comentarios que puideran aportar un enfoque orixinal e interesante para os visitantes que por aqui se achegan.
Pero contaxiado polos múltiples balances anuais que se prodigan pola rede ou calquera medio convencional me dispoño a entregar un último e breve post.
Na ponte decembrina visitei cultur.gal e quedei moi satisfeito deste envoltorio ferial que debe vertebrar a industria cultural galega de cara ao mercado interno e externo. A verdade é que para ser un proxecto experimental un síntese "orgulloso" por que non? das posibilidades, imaxe e gañas do noso mundo editorial, musical ou audiovisual. Creo que irá gañando cos anos, se todas as partes, empresas e administración tiran do mesmo carro, xa haberá tempo para mellorar a programación de actos, a eficacia dun departamento de prensa ou a definición dun modelo mixto entre a exposición-presentación e a captación directa de clientes e ventas.
Eses días en Coruña tamén era inevitable asistir a exposición de
Eugene Smith un dos grandes iconos da historia da fotografía, exemplo e referencia actual dun traballo de coherencia, compromiso, e búsqueda irrenunciabel (e autodestructiva) da perfección documental a través da representación de heroes anónimos, radiografías de terra malditas ou diario de cidades ocultas. Percorrer as imaxes rexistradas por Eugene Smith é como compartir un ollo de deus, máis real que a realidade, como proclamaba o lema da exposición de PhotoGalicia

2 comentarios:

torredebabel dijo...

Ogallá que o ano 2009 sexa xeneroso e que nos deixe gozar da vida e medrar nela.

Apertas ao lonxe!

Victoria Pages and Cupcakes dijo...

Feliz 2009!!

Archivo del blog