lunes, 14 de mayo de 2007

A voz dos nosos escritores


Un dos proxectos máis interesantes que levamos adiante na Casa da Cultura do Concello do Valadouro no 2006 (aínda que inconcluso) foi un montaxe feito coa gravación da propia voz dos escritores lendo os seus relatos escollidos e engadindo unha banda sonora para crear ambientación. O placer, esta vez escoitando, as voces firmes, sonoras, persoais e pegadas á terra e as súas lendas de Manuel Lourenzo, Xesús Pisón e Isaac Ferreira lendo os seus Contos do Valadouro e a nova voz da Diana Mandiá invitada a este convite audio-literario.

7 comentarios:

torredebabel dijo...

que idea fabulosa! tiña eu escoitado un proxecto parecido de poetas e de narradores galegos e este gustame tamén moitisimo!

Anónimo dijo...

Bem-vindo ao meu blog que também é teu, obrigado polo comentário, a certo que são umhas garotinhas bem feitas :) e cantam como os anjos!

Coloco-che nos blos amigos ;)

p.s. por certo grande ideia essa de voz música e literatura... eu ando numha semelhante.

Abraço!

Xoán dijo...

Seguiremos con atención as próximas entregas de "A voz dos nosos ecritores". Saúdos.

cneirac dijo...

Non esquezas cadastrar o teu blogue en podgalego.org e continúas a publicar estas xoias...

besbe dijo...

ola :) bonitas verbas e de novo Xesús Pisón a quen me está gustando seguirlle a pista por este mundo.

fora do tema totalmente: e ti de onde ves sendo, compostelán tamén?

apertas.

Roi Buligan dijo...

Graciñas a todos polos vosos comentarios, transmitireillos ós verdadeiros protagonistas, os escritores...Ah! Besbellinha, sónche da periferia da periferia da periferia (ou nomeando Valadouro, Mariña lucense, Galicia)

Anónimo dijo...

falando de voces de escritores... onde podería conseguir a avilés de taramancos recitan a rosalía? na tomba do xeneral inglés sir john moore, morto na batalla de elviña...

Archivo del blog