e kitsch, torrencial e sen solución de continuidade, propia dese zapeo social e irreverente que reflexa esta sociedade comesta dos pallasos. Son tempos dun novo teatro, onde a linguaxe é unha corda que se revolve nunha torsión de monólogos condenados a separatas paralelas e xordas.Pisón aburríase nos rangos cromáticos que se empregan na maioría de historias, por iso procurou unha nova química, para captar infravermellos e novas luces no diálogo coa realidade dramática. Unha avant-garde que define o desenfoque e orienta na escuridade, pero dende a tradición, non dende o artificio.
E sobre todo con poesía, porque ademais da guerra e loucura, a poesía é tamén signo da nosa raza.

"...uns minutos de vidro para nos disolver/ou para nos disfrazar/os restos da noite son o meu reino, conquistado trago a trago"
NOTA comentarios sobre o monográfico da revista Casahamlet (nº 11-maio 2009) monográfico sobre o teatro de Xesús Pisón.
Ilustran este número as fantásticas ilustracións de Miguelanxo Varela