domingo, 15 de junio de 2008
Cementar, cementarei...loguiño de crarear
Os galegos sentimos unha atracción morbosa e devota polo cemento. Era inevitable, era un país demasiado verde e cheo de pedras irregulares e lama incómoda...e de repente chegou o cemento co seu discreto encanto proletario, a poesía do árido nunha xeografía demasiada húmida. O granuloso chegou como proverbial fixador dos rebeldes bucles e ondas dunha terra enmarañada.
O cemento seca, fixa e da esplendor, é como un infalible e matemático agrimensor, unha marea uniformadora que salpica e iguala como un traxe mao a aldeas e vilas, vivendas e alpendres, adros e parques.
A pizarrosa bóveda deste noroeste simplemente imita a execución virtuosa e inspiradora do artista galego que estende este ouro gris en todo tipo de arquitectura.
Si amigos, o cemento é o trunfo do ser humano sobre a torpe e teimosa natureza, detén o tempo e inmortaliza as nosas pegadas neste mundo, nesta civilización de futuro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Archivo del blog
- marzo (1)
- febrero (1)
- abril (1)
- marzo (1)
- febrero (1)
- noviembre (1)
- febrero (1)
- noviembre (1)
- marzo (1)
- febrero (1)
- octubre (1)
- agosto (1)
- junio (1)
- enero (1)
- noviembre (1)
- septiembre (1)
- junio (1)
- mayo (1)
- marzo (1)
- febrero (1)
- diciembre (1)
- noviembre (2)
- octubre (1)
- septiembre (1)
- julio (1)
- junio (3)
- mayo (2)
- marzo (1)
- febrero (2)
- diciembre (1)
- noviembre (1)
- octubre (1)
- septiembre (2)
- agosto (1)
- julio (1)
- junio (2)
- mayo (2)
- abril (2)
- marzo (3)
- enero (2)
- diciembre (4)
- noviembre (2)
- octubre (2)
- septiembre (1)
- agosto (2)
- julio (7)
- junio (5)
- mayo (9)
2 comentarios:
Canta razón tes! E xunto co cemento tamén están os casetos de bloque no medio dos campos. Que bonitos!
E os tellados de uralita que tan ben nos protexen do frío do inverno e da calor do verán!!!
Pero é certo que todos loitamos contra o feito de que non quede nada noso no mundo, logo de morrer.
Publicar un comentario