jueves, 24 de enero de 2008

Mar Vicente, Moito que Ver


Ves a Mar cos ollos pechados e un sorriso intuido e sabes que está soñando nun espazo infinito e múltiple onde a luz se tensa e se afrouxa e as superficies se tinxen e baleiran nun camiño que inicia Mar e pecha o espectador cunha ollada momentánea.
Nada que Ver, é certo, é distinta e especial. Esa luz infinita que descubriu en Turner, estaba esperando unha ollada futura que soña cos ollos pechados, porque ve máis alá, transmitindo sensacións dinámicas, tormentas insospeitadas que veñen dunha calma infinita e estrañamente fermosa.
Mar de tranquilidade, ela é así, constrúe unha traxectoria impecable e ascendente sen darse demasiada importancia, ensinando as cousas sen demasiadas explicacións inútiles para amosarse intensa. A trascendencia do seu traballo revélase obvia mentres dúbida, experimente e continúa explorándose.

“O traballo que vén desenvolvendo afonda nunha tradición pictórica de grandes palabras sen borrar os referntes mentres disputa unha loita delicada coa luz, a cor e a composición “. Xosé Manuel Lens

“A obra de Mar Vicente ten a virtude de poñer en escena esta concepción da cor como luz; mediante estruturas espaciais efizcamente dispostas, xera un xogo de reflexións que trasladan a cor dunha superficie a outra”. Ignacio Pérez-Jofre

Reflexo de Supercicies. Exposición individual de Mar Vicente como proxecto gañador das Bolsas Feima-Fundación Laxeiro á creación artística. 2007

Nada que Ver. Exposición colectiva de Mar Vicente, Enrique Lista, José Caruncho e Tim Behrens na Casa da Parra (Santiago) e comisariada por Vari Caramés. 2007


2 comentarios:

torredebabel dijo...

a meirande parte das veces, sinto a frustración de non poder ver e participar de todo canto se comenta nesta arañeira. Cando menos desta vez, as imaxens foron quen de levarme pasear un anaquiño. Grazas!!

Suso Lista dijo...

Eu tamén. Cando teñamos ese museo de Arte Conteporáneo en Corme, espero ver moitismas cousas.

Archivo del blog