martes, 16 de octubre de 2007

Disturbia, un ventanuco indiscreto.

Disturbia: Un rapaz con shock post-traumático pola morte do pai é confinado a un arresto domiciliario polos seus incidentes violentos. Eso si, arresto-cool nun barrio residencial típico do cine americano mainstream, nocelleira electrónica fashion das de moda en Hollywood e colección de gadgets que impresiona a algún crítico pouco posto na tecnoloxía pero hoxe en día, de acceso xeralizado en calquera adolescente occidental: consola, móbil, Ipod, portátil (Mac, eso si), videocámara, bla, bla, bla...Chama a atención, eso si que un mozo problemático compre en Itunes en vez de descargar en Emule, ha, ha, ha...claro é unha película (por certo vista polo que escribe en Screener).
Ben, o rapaz é intelixente, sensible e todas esas cousas que eles chaman con encanto "next-door", non é moi guapo curiosamente o que é un punto a seu favor. A tia...ah! Pero é que hai unha tía? E logo non habia de haber? A tia está boa, é sexy, séntalle ben o bikini pero é intelixente, sensible e todas esas cousas que...vale estoume repetindo, é o que teñen os clichés do cine teen. A chica é a primeira victima do voyeurismo do protagonista pero só é etapa previa para a merecida homenaxe ao mestre do suspense en versión teenager e que deriva no que xa sabemos: a morbosa observación dun veciño de conducta sospeitosa e o vaivén de pistas contradictorias nas que se ve absorbido o ollo indiscreto e turbado do noso heroe.
E un pouco así ves esta peli, parece boa...humm parece discreta, parece vulgar...non está mal...uiiii...que final tan trapalleiro, claro Caruso non é o Gordo. A película parte dunha boa idea, non te fode!!! se non existira previamente Rear Window sería cohonuda. Pero en definitiva, é un entretemento digno e pasable dado o cine xuvenil que nos gastamos, eso si é unha edición popcorn e resumida da película de Hitchcock, algo así como unha versión de Joyas Ilustradas dalgún clásico da literatura universal, fast-food moito máis dixerible para todos os públicos.

2 comentarios:

O pastor eléctrico dijo...

O malo de Hollywoood é que se toman demasiado a sério o da repetición. Non tes a sensación de que certas cousas xa as tiñas visto?
Comeza todo cunha boa idea, segue por unha completa adaptación ao gosto imperante e o resultado é un filme semellante aos anteriores, salvo por pequenos detalles. Ahh, a arte da repetición.
Saúdos.

Roi Buligan dijo...

Ola Pastor, é verdade, sería un bo título para o post: A Arte da repetición ou como facer caixa con catro regras ben aprendidas.

Archivo del blog