miércoles, 12 de septiembre de 2007

Bourgeon, novelas profusamente ilustradas

François Bourgeon é unha das grandes figuras da banda deseñada europea cun estilo de debuxo tan perfecto e un guión tan orixinal nalgúns pasaxes que por inédito semella crear un xénero propio. A construción da historia, a singularidade coa que vai ligando as secuencias, as ideas, os pensamentos dos fondos protagonistas, a ambientación sublime...especialmente brillante me pareceu sempre a triloxia Los compañeros del crepúsculo da que omitiría a segunda parte por innecesaria, e que compón unha magna obra digna de inspirar unha adaptación filmíca ou literaria. Con obras como esta ou como Los Pasajeros del Viento (non coñezo aínda unha tradución galega de Bourgeon)un entende o concepto para min nada acomplexado, de novela gráfica.

2 comentarios:

Bea dijo...

Sen dúbida un gran mestre da banda deseñada. Saúdos

torredebabel dijo...

eu son analfabeta no mundo da banda deseñada pero vou aprendendo do que atopo nuns e noutros blogs. Graciñas!

Archivo del blog