martes, 24 de julio de 2007

Series de TV. Calidades non aprezadas

Vivimos nun momento de efervescencia de series de ficción americanas cun nivel medio de calidade pouco frecuente anos atrás. As series deron o salto dende as canles especializadas, que só se podian ver por satélite, ás cadeas xeralistas. Aclarando que non podo ver a Sexta, agora mesmo vexo títulos como A dos metros bajo tierra orixinal enfoque das historias de relacións de parellas con tensión dramática e realista
contrapunteada cun humor negro sabiamente dosificado e irónico. Nip/Tuck serie emitida na TVG que reflexiona, con cinismo e historias absurdas e surrealistas, sobre as
obsesións estéticas de América, algo irregular, algún capítulo brillante (o episodio da obesa mórbida) ao lado de varios erráticos e ata mediocres; House que calou con impacto por ese novidoso estilo de protagonista cabrón-arrogante-sen-tacto que lle deu un sorprendente xiro ás series de médicos co seu carismático e tolleito doctor, ritmo e diálogos ben construidos nunha serie que ten que esgotarse por pura lóxica. Sin Rastro que se ben empezou aceptable na primeira tempada, agora cae ata audiencias de 10%, é o exemplo paradigmático de serie exitosa en EEUU que é pouco aprezada en España por multiples razóns. Hai pouco puxeron un episodio especialmente brillante desta produción titulado "Un día inolvidable" no que a marabillosa actriz Laurie Metcalf e Matt Craven facían dos pais dun rapaz desaparecido. Este capítulo especial cambia de xeito revolucionario a óptica da narración, trasladando o protagonismo aos pais do desaparecido. Os familiares axentes do FBI, ollámolos a través da ollada individual e alternativa do pai e a nai, o equipo que encabeza Malone, vémolos inquisitores, agresivos, frios, desconfiados. O mesmo pasa coas instalacións do FBI, semellan ante os desesperados pais como un contorno inhóspito, estraño, engañoso, onde eles parecen os sospeitosos por veces. Nunca se ve falando aos policias nun plano separado, só vemos o que ven os pais, policias en conversacións secretas e inaudibeis, mesmo na xenial secuencia final na liberación do rapaz que o matrimonio sigue nun coche patrulla. Un experimento moi interesante da inversión dos recursos e técnicas narrativas que se empregan nun produto audiovisual e o seu efecto na lectura final.

4 comentarios:

A Raíña Vermella dijo...

De todo isto, só me cheguei a enganchar a House, e a ver mais ou menos frecuentemente CSI: Las Vegas, a pesar do aire cada vez mais reaccionario que desprende. Non puiden ver, e parecía interesante Los 4400 nin me engancha moito Jericho debe ser que no fondo non son moito de series que requiran certa fidelidade.

Elianinha dijo...

Eu ando enganchada a moitas series desta nova fornada. Dende House, a Weeds, a Caso aberto, Sen rastro, 5 hermanos... estou encantada con esta nova ficción estadounidense, a era post-vixiantes da praia. Aquí, houbo un boom de ficción propio, pero a tvg baixou mogollón en canto a calidade e orixinalidade (creo que dende Pepe o Inglés, non volveron arriscar con nada), e no Estado... mentres sigan pensando que Dani Martin (el loco que canta) é un bo actor, non me interesa.

O pastor eléctrico dijo...

Eu engancheime a House. Sin rastro non me acabou de convencer pero tampouco lle puxen moito entusiasmo, pero miña irmá é forofa.
Eu enganchei as de debuxos: Padre made in USA, Padre de familia e La casa de los dibujos.
No que di elianinha, eu penso que Dani Martín tiña que ser o yonki ao que lle pegan os maderos e non o madero.

torredebabel dijo...

Tiven un tempo de mais seguidora das series pero agora non me chega o tempo para todo. De todos os xeitos, algo vexo de House e algunhas outras...

Archivo del blog