sábado, 2 de junio de 2007

Unha carta cruel


Pensaba eu poñer outro podcast para exemplificar un pouco a variedade dos programas que facemos en RadioValadouro pero ás veces a actualidade dramática obriga a pospoñer plans e contidos e reparar por un momento nunha nova excepcional na tónica e temática deste blog. Chamésmoslle denuncia social ou carta aberta ó mundo porque de cartas vai. Supoño que todo o mundo oiría falar do naufraxio dun barco burelés en Illa Pancha cun balance final de tres mortos, por se estades despistados Naufraxio en Ribadeo e cando algo así pasa, a xente, a comunidade, a sociedade en xeral pecha filas ante a dor de dúas familias que perderon seres queridos dunha forma tan arrebatadora e cruel. Máis non, sempre hai unha nota discordante que normalmente queda no silenzo miserable ou no anonimato dun comentario desagradable. Pero a Delegación de El Progreso-A Mariña deulle altavoz, queremos crer que por error máis que por provocación, a un tal Marcos Suárez, ribadense, aínda que eso pouco importa. Na súa misiva escrita e reflexionada cando dous cadáveres estaban no tanatorio e o dun mozo de 19 anos a 20 metros de profundidade, despáchase cunha crítica ós pesqueiros de Burela (de Burela tenian que ser) "que ese pesquerillo era bien conocido en la zona exterminando todo bicho viviente" sigue na súa diatriba apesadumbrado polos custes que lle vai supoñer ó asegurador "pague todos los desaguisados del analfabetismo y los chanchullos" Pódese ser máis ruin e mesquiño? Si, o voitre preeiro aínda chega ó seu punto máximo de abxección cun "Más vale tarde que nunca" que podedes situar no contexto a ver se significa algo distinto ao que todos pensamos. En ningún momento este individuo, Marcos Suárez ten unha palabra para as vitimas, non, só pensa nos recursos mariños expoliados e nos "pingües beneficios" que terá esta traxedia como resposta se se protexen a pesca de caña e deportiva (sic)Levo moito tempo lendo cartas sen atopar un texto tan repugnante e vomitivo como o do Sr Marcos Suárez, pódense denunciar e debatir os xeitos de pesca, por suposto, pero a inoportunidade alevosa e retorta do Marcos Suárez no día que teñen lugar os funerais e pensar en aspectos tan misericordiosos como os gastos do seguro e os beneficios para a pesca de caña ademais de insultar a ese colectivo como analfabeto e chanchulleiro enchen cada unha das súas palabras de lixo inhumano. A miña repudia a ese individuo e respecto ó xornal, hai límites na liberdade de expresión? Publicaríase unha carta racista contra os caboverdianos? ou outra defendendo o maltrato ás mulleres? ou unha alégrandose da morte duns obreiros da construcción para denunciar a especulación inmobiliaria? Respóndanme si se deben admitir escritos como este en aras da convivencia dos pobos veciños e dunha mínima sensibilidade para os familiares das vitimas.
A Carta enteira

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Concordo contigo. Habería que encher agora o xornal en cuestión (por certo, cal é a versión oficial acerca da publicación desta carta?) con cartas ao director de repulsa ante esta actitude do xornal.

Anónimo dijo...

máis ben debería ser anónimA...

O pastor eléctrico dijo...

Pois si que ten tacto o tal Marcos. É impresionante o desconsiderada que pode chegar a ser a xente.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

É incríble, que se poida ser tan cruel, non quero pesar no tipo de sentimentos que ten esa persoa, e tamén que o xornal en cuestión publique un texto tan repulsivo, por suposto habería que ler o contexto.

Anónimo dijo...

es repugnante el texto. la frialdad con la que se se elige entre pesca deportiva y muerte.
Por lo que respecta a su publicación, qué le vamos a pedir al progreso? martin nick

torredebabel dijo...

Benquerido Roi, o sentido da empatia deixa ver qué concepto temos de nós mesmos. Hai xente que, como os peixes, pola boca morre.

R.R. dijo...

Non sei sequera se ese cabrón i ese periódico merecen estes comentarios. ¿É posible ser humano e pensar no ocio propio cando tres persoas acaban de deixar a vida mentres están traballando -o cal é un xeito doblemente cruel de morrer-?

Unha aperta, Roi.

Archivo del blog