martes, 23 de agosto de 2011

Triangle e o novo cine de terror


Probablemente, a temática filmográfica "do medo" estimula nos realizadores e guionistas unha continua reinvención e exploración formal que non se observa noutros xéneros de maior estimación social e crítica.
Fornecer de terror, ansiedade, desacougo ao espectador, acolle moitas vías paralelas na procura dun fin común que pouco ou nada teñen que ver nos medios.
O paranormal, a posesión, as presenzas do máis alén, ten unha antiga orixe e ciclícamente vólvese a asomar as carteleiras acomodándose a novas historias e recursos plásticos (moitas debedoras da riqueza da nova vaga do J-Horror nipón).

A inspiración snuff, inventariando lendarias urbáns máis ou menos conscientes no imaxinario contemporáneo, é unha tendencia moi presente nos carteis da xerazón dos 00´s, incluindo a sofisticación da torture porn coa escenografía de mutilación, morte e sexualidade que emerxeu das marxes do video underground a verdadeiros blockbuster da pantalla grande.

A moda revisitada de monstruos clásicos como vampiros, lobishomes...buscan unha rexeneración de subxénero iluminando de matices afectivos e operando unha gama máis ampla no espectro moral dos malignos. En fin, moitas escolas e estilos inspiradores para conseguir desacougar a un espctador sempre famento de fortes experiencias.

Sen embargo, un dos títulos dos que máis gostei no último ano, escápase un pouco á tradicional clasificación tanto na construcción formal como na historia plantexada.
Lendo a estupenda ScifiWorld, advertín a mención a unha película, Triangle, inédita en España, da que dicían posuír un final dos máis desoladores vistos no xénero. Pareceume un adxetivo moi suxestivo para non obvialo...e por suposto...tiñan razón na apreciación.
Triangle ten un desenvolvemento narrativo non lineal na medida na que un está acostumado a ver o filme, que como moito acolle dous ou máis xiros espasmódicos e sorpresivos na recta final. Nesta proposta o cronómetro iníciase e para, iníciase e para, nunha liña de tempo espiral na que se insiren fragmentos que teremos que reinterpretar e contextualizar no seguinte reseteo.
Normalmente os vaivéns narrativos non soportan a revisión mental das "trampas" que se teceron na metraxe anterior.
O positivo deste producto e que hai un especial coidado e minuciosidade no entramado narrativo para asegurar unhas costuras sólidas, explicativas e verosímiles.
Curiosamente o ritmo denso e frenético e proporcionalmente inverso a sinxeleza da execución visual da que ningún plano da a sensación de abuso, sobrecarga ou obviedade.
O MacGuffin aqui é un elemento da mítica clásica que é unha excusa perfecta para a interpretación dunha desesperada e "desoladora" loita persoal dunha nai para corrixir (a toda costa) un fatal destino.

Archivo del blog